Máis protestas no Hospital de Vigo ante o colapso das urxencias

Sete horas de espera en urxencias, goteiras nas consultas externas e traslados de doentes ao antigo Meixoeiro. Ante este panorama no Álvaro Cunqueiro, os traballadores retoman as mobilizacións.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Sete horas nas urxencias do Cunqueiro para tres probas, e seguimos". Esta é unha das recentes e numerosas protestas dun doente atendido nas urxencias do Hospital de Vigo.

Traballadores/as de distintos departamentos do Chuvi sumáronse hoxe ao peche que mateñen os celadores/as no interior do novo hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo / CIG
Traballadores/as de distintos departamentos do Chuvi sumáronse hoxe ao peche que mateñen os celadores/as no interior do novo hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo / CIG

A Xunta de Persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) convocou un calendario de mobilizacións para denunciar a falta de recursos. Segundo os traballadores, as urxencias están a sufrir un verdadeiro colapso.

A Federación de Sanidad de CC.OO. en Vigo informa que a primeira protesta será unha concentración o 13 de xaneiro as 11 horas na zona de consultas externas do HAC. Precisamente nesa zona  estanse a rexistrar goteiras, situación que pode empeorar ante o temporal que baterá en Galicia esta fin de semana.

Os sindicatos denuncian que o colapso é tal que algúns dos doentes que acuden a urxencias e teñen que ser hospitalizados son trasladados a outro hospital, o Meixoiro. Dáse a circunstancia que as urxencias do Meixoeiro pecháronse para centralizalas no Cunqueiro. 

Hospital Álvaro Cunqueiro
Hospital Álvaro Cunqueiro | Fonte: xunta.es

Isto evidencia que os profesionais tiñan razón cando alertaron que fusionando no novo centro as urxencias do Meixoeiro e do Central non era dabondo. Ademais, dáse a circunstancia que no Meixoeiro hai camas pechadas, polo que as infraestructuras sanitarias de Vigo están en realidade infrautilizadas.

Na opinión da Xunta de Persoal, o recente reforzo do cadro de persoal con profesionais eventuais e precarios non están evitando que os profesionais estean a soportar "unhas cargas de traballo inabordábeis". Os profesionais acusan ao responsábeis do SERGAS e da Xunta de "desprestixiar a sanidade pública".

Ademais de problemas de medios e infraestructuras, o Cunqueiro sofre tamén problemas organizativos. Por exemplo, a barreira do aparcamento dos traballadores non se levanta durante o período de cambio de turno, o que provoca longas colas para entrar ou saír do HAC.

Un doente escribe unha queixa no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por levar sete horas en urxencias
Un doente escribe unha queixa no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por levar sete horas en urxencias | Fonte: @oitaven
Goteira na área de consultas do hospital Álvaro Cunqueiro
Goteira na área de consultas do hospital Álvaro Cunqueiro | Fonte: jesus-manuel.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dr Bacterio

Penso que hai unha campaña orquestada polo PP de colapsar as urxencias en tódolos hospitais públicos para desprestixiar á Sanidade Pública e derivar máis pacientes á privada