Unha bomba electoral

Finalmente, será o BNG quen saque adiante en solitario o novo concurso eólico, un proxecto que ameza con converterse nunha bomba electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A decisión do PSOE non colleu desprevenido ao BNG. A dirección nacionalista xa contaba con esta posibilidade e acusa aos socios socialistas de utilizar a determinados medios de comunicación para atacalos. De feito, na Executiva están convencidos de que é o PSOE, a través do conselleiro de Medio Ambiente, quen está filtrando información a algúns medios. Din que puxeron en marcha a táctica é xogar ao "poli bo", en alusión a Touriño, e o "poli malo", en alusión a Vázquez. "Xa contamos con iso e non imos dar marcha atrás. A ver se vai ser que o xogo voltase en contra deles e o van pagar caro nas eleccións", din dende a dirección do Bloque.

No PSdeG, a versión é ben diferente. Apuntan que este partido non pode participar nin dar o visto bo a unha "falsa amañada polo BNG para favorecer aos intereses dalgúns empresarios". Din abertamente que con diñeiro público se está a financiar un xornal e están convencidos de que o BNG xa ten outras "prevendas amañadas". "Por iso non imos a ser nós quen lle axudemos a facer unha cacicada de enormes proporcións", apuntan dende a dirección desta formación.

A decisión non é precipitada e xa se decidiu dar ese paso logo do primeiro retraso comunicado por Industria. De feito, o propio Vázquez é quen ten asumido, dentro do PSOE, a voz cantante nesta cuestión e se ten reunido, en varias ocasións cos pesos pesados do seu partido. Tamén ten quedado co director da Axencia Galega de Protección Urbanística para falar desta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

56 manuel fernandez

O de e está ben para despistar pero non é así a cousa. O conselleiro de Medio Ambiente tiña moito interese no concurso e por iso andivo a mandar mensaxes dende moito antes. Que alguien repare nunha das solicitudes que qedou fóra e saberá de que vai o conto. Un dos proxectos que optaba a licencia eólica estaba liderado por empresas ourensanas nas que ten moito que dicir Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente. En Ourense hai dúas empresas de enerxías renovables, Resolva e Eolicia, das que sabe moito o conselleiro. Entre os socios están Rogelio González Fernández, Manuel Cabo González, José Manuel González Neira e outros moitos. Aparentemente nada que ver, máis Rogelio González é, entre outras moitas empresas, propietario do aparcamento subterráneo do Carballiño -o actual alcalde, ao que deixou Pachi Vázquez no seu lugar, era o contable das empresas deste señor-, propietario da televisión por cable do carballiño e de aparcamentos en Coruña, Ferrol e Ourense. E todos estes xunto coa muller de Rogelio González e outros familiares teñen montadas unhas 25 ou 30 sociedades para facer proxectos inmobiliarios e medioambientais por toda España aproveitando os contactos do conselleiro. Estes testaferros de Manuel Vázquez, alias Pachi Vázquez ou o fillo do Manoliño, son veciños orixinarios do conselleiro no seu pobo de Dacón, Maside, e xa se sabe aquilo de que veciños que trincan xuntos...Por iso que o sentimento medioambiental do conselleiro no rollo das eólicas como que mo paso eu por aquel sitio. O que lle pasa é que está fodido porq

55 patraspa

Inocentada. Les queda muy poco que aprovechen

54 ulo_ulo

bule, bule segues a confundir o os teus desexos coa realidade. pois vai a ser que non. e non che explico máis porque eres de sobras bó entendedor.

53 bule bule

Manolo...Ti sabes canto está valorado a parte de Jacinto Rey?? 14 millóns de euros ó ano. Iso é o que van dar eses MW. Se iso xustifica meterse nun lío de montar un xornal que veña Deus e o vexa.

Outra cousa...Eu levo oíndo que San José quería montar un xornal dende hai tempo. Anos incluso. Ou sexa que iso que dende determinados medios e persoas se intentou facer de Xornal = Concurso Eólico, pois queda bastante devaluado.

En canto o de "xornal", o puxen por que, lendo a algúns, parece que neste xornal, son todos parentes de Quintana. E non sei...pero se unhas persoas pertencen a un partido, pois digo eu que é de tontos estar nun sitio onde aplauden a outro partido. Digo eu.

Non vai cura-lo cancro. Pero tampouco é o boletín satánico que algúns medios e persoas están dando a entender. En canto o contido, pois a ti pareceralle frouxo, pero a outro pareceralle moi bó. Eu leo dende hai moito a verxión dixital e coincido contigo que nalgúns temas pois podería haber máis profundidade. Solución Canido?? Non o compres. Aínda así, o prefiro á información totalmente parcial de "La Voz" totalmente vendida ó mellor postor. Iso si que é un escándalo e ninguén di nada.

En canto o de "só 142 MW"...Pois si..soamentes 142. Cando todo ó mundo (mira para arriba neste mesmo post) parecía que lles ía a dar 3-4 veces máis como mínimo. Todo para que?? Para se-la persoa có 8% do reparto e vindo que o maior beneficiado vai se-la propia Xunta??

Eu me quedo coa campaña tremenda de presión de medios, partidos e persoas contra do bloque. Mesmo neste post. Con acusacións moi graves cando aínda NON HABÍA NADA. Do PP e de "La Voz" se podía esperar...sempre lles gusta emporcallar. Pero do SOE?? Hai que recoñecelo..Menudo bipartito. Despois destes 3 anos e medio, o que me queda claro é unha cousa...o SOE quédalle moi grande gobernar e foi superado polo Bloque en moitísimos temas.

52 canido

Para bule, bule, claro que non compro o Xornal. Eso podes telo claro, sigo o sabio consello de Quintana. O problema é que vou axudar a pagalo sen que me consultaran e non en forma de subvencións coma as que cobran todos os outros periódicos, empresas e particulares. E repito, o País cobra moito porque tamén vende moito. Pero neste caso, o Xornal naceu polo que naceu. A independencia dame risa. Argumentar que está alguén do PSOE no consello de Administración para dicir que é plural, é para rir un rato. O que dicimos moitos, basta con ler o Xornal para saber quen está detrás. Pero para algúns, como é nacionalista, parece que o periódico este vai curar o cancro. E os outros periódicos, como non o son, parece que contaxian a lepra. Iso é democracia.
E, consideracións ideolóxicas a un lado, o Xornal é frouxo frouxo a nivel de noticias, actualidade e análise.
E en canto a que a Jacinto Rey lle deron só 142 megavatios... ¿Só? É de risa. Unha miseria, vamos. Se todos os megavatios repartidos estarían cotizados en 700 millóns de euros, creo que a Jacinto lle corresponde o equivalente a 43 milloncetes máis ou menos. Naderías... Claro que o que pasa é que él ía dicindo por aí que lle daban 500. Entendo que a decepción sexa normal.