Unha bomba electoral

Finalmente, será o BNG quen saque adiante en solitario o novo concurso eólico, un proxecto que ameza con converterse nunha bomba electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A decisión do PSOE non colleu desprevenido ao BNG. A dirección nacionalista xa contaba con esta posibilidade e acusa aos socios socialistas de utilizar a determinados medios de comunicación para atacalos. De feito, na Executiva están convencidos de que é o PSOE, a través do conselleiro de Medio Ambiente, quen está filtrando información a algúns medios. Din que puxeron en marcha a táctica é xogar ao "poli bo", en alusión a Touriño, e o "poli malo", en alusión a Vázquez. "Xa contamos con iso e non imos dar marcha atrás. A ver se vai ser que o xogo voltase en contra deles e o van pagar caro nas eleccións", din dende a dirección do Bloque.

No PSdeG, a versión é ben diferente. Apuntan que este partido non pode participar nin dar o visto bo a unha "falsa amañada polo BNG para favorecer aos intereses dalgúns empresarios". Din abertamente que con diñeiro público se está a financiar un xornal e están convencidos de que o BNG xa ten outras "prevendas amañadas". "Por iso non imos a ser nós quen lle axudemos a facer unha cacicada de enormes proporcións", apuntan dende a dirección desta formación.

A decisión non é precipitada e xa se decidiu dar ese paso logo do primeiro retraso comunicado por Industria. De feito, o propio Vázquez é quen ten asumido, dentro do PSOE, a voz cantante nesta cuestión e se ten reunido, en varias ocasións cos pesos pesados do seu partido. Tamén ten quedado co director da Axencia Galega de Protección Urbanística para falar desta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

6 xílgaro

Como cambiaron os tempos desde as adxudicacións a dedo descritas "a unis" con breves e tibios comentarios nos Vozeiros en páxinas de economía ata as extensas e reiterativas "análises" dos mesmos Vozeiros, agora "a coro", en portada.

5 tinto

Directores xerais do PSOE abandonan unha comisión con propostas peregrinas que non teñen que ver co que se trataba de dictaminar na propia comisión. "Por si hai rede natura... por si logo queremos facer outro plan eólico...". Peregrino xeito de por contra as cordas un proceso votado a favor polo Consello da Xunta (PSOE e BNG) cando xa non estamos a falar de modelos de desenvolvemento eólico senón dunha adxudicación según baremo. O PSOE está en campaña e arrúgase unha vez máis á hora de tomar de decisións. Unha mágoa este fato de indecisos gobernando un país. E unha mágoa o servizo que lle fan ao PP que foi quen de adxudicalas a dedo e aos seus amigos de Madrid e de La Coruña.

4 unquesabe

E POR ULTIMO PARA NON DAR A LATA:

Manifesta a Federación Ecoloxísta Galega con claridade onde van a ir os molinillos:

A opinión dende Universidades, técnicos e consultores ambientais cos que a FEG ten falado en relación a esta cuestión amosa que unha vez que se teñan rematados estes estudos e plans de xestión, que se pagan basicamente con fondos da Unión Europea para implementar as directivas de protección da natureza, se advirta de que a planificación eólica deseñada o territorio galego é incompatible coa conservación do patrimonio natural e paisaxístico do noso territorio.

Algúns dos novos parques ocuparan emprazamentos de zonas do que pode ser a ampliación da Rede Natura 2000, e tódalas áreas limítrofes á Rede Natura que xa contan con parques, principalmente en zonas das serras da Dorsal Galega, espazos costeiros da Costa da Morte, na Limia, Trevinca, ou montañas interiores da provincia de Lugo. E destruirán habitásts esencias para numerosas especies ameazadas, caso da aguía real, a tartaraña cincenta, outras aves rapaces, anfibios e flora ameazada de extinción.


"BLANCO" E EN BOTELLA.

FDO. Un Ecoloxista moi cabreado.

3 unquesabe

MAIS DOS AMIGOS DE ADEGA, brazo armado ecoloxísta do BNG:

Deste xeito, o novo Plano Sectorial Eólico semella ter coma único obxectivo acadar os 6.500 Mw para o ano 2012, sen tomar en consideración as repercusións ambientais, socioeconómicas e territoriais que pode producir a nova vaga de instalacións, sen ter avaliado previamente a capacidade do territorio para asumir a carga dos novos parques e infraestruturas asociadas (líñas de alta tensión, pistas de acceso, subestacións transformadoras...) Parte destas eivas poderíanse ter evitado se antes de abrir o concurso e adxudicar a potencia ás empresas, se abrise un amplo debate sobre o novo modelo de xestión da enerxía en Galiza, que debería cristalizar nos novos Planos Sectorial Enerxético, Eólico, da Biomasa, entre outros. Unha planificación previa para garantir a explotación sustentábel de recursos naturais, incorporando entre outros os principios de suficiencia, eficiencia e sustentabilidade, fuxindo do produtivismo que caracterizou ás políticas anteriores.

No entanto, optouse por abrir a poxa ás industrias denantes de ter aprobado o novo Plano Eólico, sen diálogo previo e sen a necesaria coordenación entre as consellarías de Industria, Medio Ambiente e Política Territorial. E unha vez repartidos os Mw. e as áreas de explotación entre as empresas, estas adquiren uns dereitos que farán moi complicado que Industria, Medio Ambiente e Política Territorial poidan desbotar proxectos con concesións previamente outorgadas. Lembremos que no caso da enerxía eólica non se trata de concesións con prazos de reversión (casos das centrais hidroeléctricas) ou con prazos de renovación e caducidade (minas e autovías). Trátase de autorizacións indefinidas xa que, por máis que poida sorprender, o vento non é de dominio público aínda que tampouco é de ninguén (até que alguén se apropia del como acontecía na Idade Media coas terras baldías). Legalmente sinifica que non hai rescate posíbel, nen caducidade, nen vencemento da concesión. Só cabe a revisión da DIA (Declaración de Impacto Ambiental), a indemnización e para as comunidades de montes, a non renovación do arrendamento.

Por iso, ADEGA considera que as consellarías de Industria, Medio Ambiente e Política Territorial non teñen actuado con responsábelmente, polo que reclamamos:

A Industria: que non haxa ningunha adxudicación sen antes ter aprobado e tramitado axeitadamente o novo Plano Eólico.
A Medio Ambiente: que se exclúan do Plano Eólico, pola vía dos Planos de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) ou en último caso mediante a avaliación ambiental, todos aqueles espazos que por razóns ambientais, paisaxísticas, de patrimonio, etc. non deben ser susceptíbeis de albergar parques eólicos.

A Política Territorial: que tamén a súa vez exclúan do Plano Eólico os aproveitamentos que podan ir en contra da ordenación racional do territorio, ben ser incompatíbeis con outros usos prioritarios, ben por contradicir o disposto nas Directrices de Ordenamento do Territorio ournoutros planos sectoriais de ordenación territorial. Dende Política Territorial deberan limitarse por exemplo os parques eólicos do litoral.


BEN É CERTO QUE ESTIVERON CALADIÑOS ATA QUE A FEG SAIU PEDINDO A SUSPENSIÓN...

2 unquesabe

O post seguinte, mais o menos era o que puxen en xornal.com (aquí aínda non tíñades a noticia) PERO CASUALMENTE AINDA NON APARECEU:

Imos a ver, costadamorte e demáis xente maniquea do benegá:
O do concurso eólico é un puñetero escándalo. Pregúntalle á xente do INEGA cando recibiron a documentación para calificar??? Analizaches os mapas do reparto da tarta??? Estes "SINVERGUENZAS" van a destrozar Galicia para o resto dos días!!! Hai molinillos que non son de café por toda a xeografía galega.. A cambio de qué? Pregunta cal foi o papel do ínclito Bazarra e a xente de fernando blanco, que non era técnica... Mira cando hai menos de un mes apareceron esixindo aos funcionarios tal e cual cousa... Preguntalle ao anterior director do INEGA por que se foi.... Pregunta por que o sr. Rey sacou o xornal e a cambio de que?? Ainda o saberá mellor que dirixe este confidencial, que ali traballa (pero tamén e certo que aquí non hai censura, coma no outro lado)... Qué coño van a dar marcha atrás se a estes sinverguenzas o único que lles preocupa de Galicia é o seu interés...
leede este post, que non son precisamente sospeitosos de estar detrás do Psoe: http://www.federacionecoloxista.org...

E xa a rama ecoloxista do Bloque manifesta que:
A adxudicación dos megawatios sen Plano Sectorial previo pode coartar a planificación sustentábel do sector

A Xunta tramita un Plano do Sector Eólico sen consenso

Diante da inminente resolución do concurso eólico, dende ADEGA queremos manifestar a nosa desaprobación POLA FALTA DE PARTICIPACIÓN E TRANSPARENCIA na elaboración do novo Plano Sectorial Eólico tramitado pola Consellaría de Industria. Alén da mera tramitación administrativa, non existiu un proceso previo de consulta e debate cos sectores afectados e que representan intereses moi variados (comunidades de montes, concellos, sector turístico, empresas, colectivos ecoloxistas e de defensa do patrimonio etc...) para concordar un novo modelo de desenvolvemento eólico para Galiza.

Así que ¿de que estamos a falar??? Que non nos tomen o pelo o ilustrado Sr. Blanco, o seú adlater Bazarra, apoiado pola elite intelectual da calaña do Aymerich e demáis. Este é o maior escándalo que vai xurdir en Galicia en moito tempo (alomenos o Gaias ocupa tan só un anaquiño de terreo). Pero a desfeita que van a facer no noso territorio é simplemente intolerable...