Unha bomba electoral

Finalmente, será o BNG quen saque adiante en solitario o novo concurso eólico, un proxecto que ameza con converterse nunha bomba electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A decisión do PSOE non colleu desprevenido ao BNG. A dirección nacionalista xa contaba con esta posibilidade e acusa aos socios socialistas de utilizar a determinados medios de comunicación para atacalos. De feito, na Executiva están convencidos de que é o PSOE, a través do conselleiro de Medio Ambiente, quen está filtrando información a algúns medios. Din que puxeron en marcha a táctica é xogar ao "poli bo", en alusión a Touriño, e o "poli malo", en alusión a Vázquez. "Xa contamos con iso e non imos dar marcha atrás. A ver se vai ser que o xogo voltase en contra deles e o van pagar caro nas eleccións", din dende a dirección do Bloque.

No PSdeG, a versión é ben diferente. Apuntan que este partido non pode participar nin dar o visto bo a unha "falsa amañada polo BNG para favorecer aos intereses dalgúns empresarios". Din abertamente que con diñeiro público se está a financiar un xornal e están convencidos de que o BNG xa ten outras "prevendas amañadas". "Por iso non imos a ser nós quen lle axudemos a facer unha cacicada de enormes proporcións", apuntan dende a dirección desta formación.

A decisión non é precipitada e xa se decidiu dar ese paso logo do primeiro retraso comunicado por Industria. De feito, o propio Vázquez é quen ten asumido, dentro do PSOE, a voz cantante nesta cuestión e se ten reunido, en varias ocasións cos pesos pesados do seu partido. Tamén ten quedado co director da Axencia Galega de Protección Urbanística para falar desta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

51 manolo

Se fas un ránking de construtores con inexperiencia no sector, San José é o maior beneficiario neste concurso. Bule Bule, sabes cal é o valor deses 142 megavatios? Con iso montas todos os periódicos que queiras, asegúrocho...

Sen caer no fatalismo de La Voz, as adxudicacións son pequenas para o tipo de proxecto que levaban aparellado. Dito doutra forma: non sei ata que punto as empresas que pedían 700 van facer o que prometeron facer, cando ó final reciben 50 ou 100. Eis (entroutros) o problema.

Con todo, parabéns para a Consellería de Innovación (que carallo facía Quintana aí??) por seren capaces de mudar as políticas eólicas de Galicia. O PP, que tanto critica agora, foi incapaz en 16 anos de Goberno. Nun goberno no que, curiosamente, Núñez Feijoo foi vicepresidente.

50 bule bule

Os que quedaron có cú ó aire que se o tapen por favor.

Xa saiu o concurso eólico. De Jove non se di nada, de Jacinto Rey que moitos por aquí xuran e perxuran que regalou un diario ó BNG a cambio, só 142 dos máis de 2300 MW. A xunta quedarase có 10-15 % do total como outro medio de financiación.
Ah...e se quixeran tamén poderían haber ampliado os MW..pero non o fixeron.

Si señores. Todo un pelotazo e un escándalo. Seguro que os do SOE e os do PP o farían máis limpo. :D

49 anónimo

Quiero decir que Torito ahora va a quedar con el culo al aire, por su nefasto papel en el bipartito.

48 anónimo

Si que foi unha bomba electoral si, agora o BNg ter argumentos de sobra pra acudir as urnas, outra cousa será Torito e os seus secuaces...

47 emigrante

A política, salvo raras excepcións, está tomada por un fato de lambóns.