Unha bomba electoral

Finalmente, será o BNG quen saque adiante en solitario o novo concurso eólico, un proxecto que ameza con converterse nunha bomba electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A decisión do PSOE non colleu desprevenido ao BNG. A dirección nacionalista xa contaba con esta posibilidade e acusa aos socios socialistas de utilizar a determinados medios de comunicación para atacalos. De feito, na Executiva están convencidos de que é o PSOE, a través do conselleiro de Medio Ambiente, quen está filtrando información a algúns medios. Din que puxeron en marcha a táctica é xogar ao "poli bo", en alusión a Touriño, e o "poli malo", en alusión a Vázquez. "Xa contamos con iso e non imos dar marcha atrás. A ver se vai ser que o xogo voltase en contra deles e o van pagar caro nas eleccións", din dende a dirección do Bloque.

No PSdeG, a versión é ben diferente. Apuntan que este partido non pode participar nin dar o visto bo a unha "falsa amañada polo BNG para favorecer aos intereses dalgúns empresarios". Din abertamente que con diñeiro público se está a financiar un xornal e están convencidos de que o BNG xa ten outras "prevendas amañadas". "Por iso non imos a ser nós quen lle axudemos a facer unha cacicada de enormes proporcións", apuntan dende a dirección desta formación.

A decisión non é precipitada e xa se decidiu dar ese paso logo do primeiro retraso comunicado por Industria. De feito, o propio Vázquez é quen ten asumido, dentro do PSOE, a voz cantante nesta cuestión e se ten reunido, en varias ocasións cos pesos pesados do seu partido. Tamén ten quedado co director da Axencia Galega de Protección Urbanística para falar desta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

16 OSTIA XA

O BNG aportou claridade neste asunto, cousa que o PP non fixo. O que acontece é que o PSOE està doente, porque querian darllo aos seus amigos.

15 borja

patetico!!!onde esta a unidade da Xunta???esto é o que se consegue cos bipartitos!!

14 Lena

Cheiraba mal o concurso eólico e coma hai eleccions dentro de pouco o PSOE non quere saber nada... O BNG sigue loitando para darlles os megavatios os seus amigotes

13 alfonso

Para abraiado: o que dis da Voz son titulares do post-"concurso" anterior non do pre-concurso que é o que se está a criticar e dinamitar agora, que os deixen ata o final do mesmo e logo xuzgaremos; o plan foi aprobado polo Consello da Xunta, as condicións publicadas no Doga e cumpren os prazos e os legais para aprazamentos tamén, o resto son especulacións dos que queren que o plan fracase e sobre todo que o Bloque apúntese un golazo pola escuadra, inda que o número dos molinillos paréceme excesivo. Ata logo!

12 reixamil

A min dáme que nbo PSOE se puxeron moi nerviosos porque non lles dán as contas: o PP non se desfondou nestes anos e o BNG vai subir lixeiramente. Conclusión: ineptitude total do touriñismo e volta ás andadas. Nestes 4 anos xa vimos como facían ataques constantes ás consellarías do BNG, e a conclusión vén agora co concurso eólico. Pois nada, aínda se lles ve máis claro a quen obedecen: aos intereses de Madrid e dos poderes fácticos galegos (Caixa Galicia, La Voz de Galicia, o sector inmobiliario, ...). Que estafa de partido político! E os da Voz, na súa liña de manipulación e terxiversación informativa...A culpa é nosa por mercar ese periódico.