Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/10/2024 | Actualizada ás 21:35
O ex furacán Kirk tampouco respetou o campo galego. Moitos campos foron alagados e outros sufriron as severas consecuencias do vento. De feito, leiras enteiras de millo foron literalmente arrasadas, especialmente, na comarca de Ordes. Tamén as patacas non recollidas na Limia sufriron as consecuencias das fortes chuvias e ventos, así como os castiñeiros das zonas de montaña de Ourense e Lugo, así como soutos de castiñeiros en Viana do Bolo, con caída de ramas e árbores. O vento tirou os ourizos ao chan coas castañas sen madurar e vai dificultar a campaña deste ano.
O sindicato Unións Agrarias advirte de danos moi importantes para o agro galego. Cifra en 65,5 millóns de euros os danos, con especial impacto na provincia da Coruña. Nun comunicado, a organización agraria explica que está a recoller de urxencia os primeiros datos por zonas. Chama a atención sobre 21.844 hectáreas de produción de millo afectadas. Apunta a zonas coruñesas como Costa da Morte, Ordes e Trazo, pero tamén a parcelas completamente alagadas en lugares de Cospeito e Vilalba.
Explica que en Galicia se sementan unhas 72.815 hectáreas de millo e nestas zonas da provincia coruñesa a produción forraxeira "é vital para a rendibilidade das granxas". UU.AA. lembra que nestes momentos os gandeiros apenas recolleran a metade de millo e o que quedou afectado case non se aproveita.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Uns 6.800 agricultores galegos afectados pola chamada Operación Fito no Bierzo: quedan sen carnés fitosanitarios
- Cultura e gastronomía na edición máis madrugadora da Feira do Viño de Valdeorras
- S.O.S na Limia: a produción do cereal case perdida e a da pataca moi atrasada por mor da chuvia
- A choiva non foi impedimento para que case 700 participantes gozaran da 'Primavera de Portas Abertas' en Valdeorras
- Innovación e transformación: dous puntais de Daveiga que pon en valor Medio Rural
- Bruxelas quere relaxar aínda máis as esixencias ambientais para acceder ao financiamento da PAC