Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/10/2024 | Actualizada ás 14:59
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou á Xunta a posta en marcha dun plan de axudas aos agricultores galegos polas perdas provocadas polo paso por Galicia do temporal 'Kirk', que estima en "máis de 120 millóns de euros".
En declaracións aos medios este sábado en Lugo, onde participou nos actos do 12 de outubro, Besteiro preguntouse "onde está a Xunta" á hora de apoiar aos produtores que ven ameazadas as súas colleitas polos fortes ventos e as intensas choivas que provocaron os restos do furacán que azoutaron Galicia esta semana.
O responsable socialista instou á Consellería do Medio Rural a convocar ás organizacións agrarias para levar a cabo "unha valoración definitiva" dos danos e acordar "un plan" con axudas directas aos afectados, así como a articulación de bonificacións das cotas á Seguridade Social.
Besteiro advertiu das perdas na produción de millo na provincia da Coruña, da pataca na comarca da Limia e de "as mazás" na Estrada ou a faba da Lourenzá. "Miremos por onde miremos vemos perdas no mundo do campo", apostilou. Así, esixiu á Xunta que "se poña as pilas" e leve a cabo "unha valoración" dos danos e a adopción de medidas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.