Air Nostrum busca azafatas en Galicia

Responsables da compañía desprázanse a Vigo pra realizar un proceso de selección de mozas con bo nivel de inglés.

Por GC Emprende | Vigo | 20/01/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Air Nostrum, a aerolínea franquiciada de Iberia para voos rexionais, iniciou un novo proceso de selección de tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) para incorporar ao seu persoal.

Un avión de Air Nostrum, compañía que opera con Iberia
Un avión de Air Nostrum, compañía que opera con Iberia | Fonte: elblogdelvuelo.es

Responsables da compañía viaxarán a semana próxima a Vigo dentro da xira que están a realizar por diversas localidades para tomar contacto con posibles candidatos. O equipo de selección ofrecerá aos interesados unha visión interna da compañía e das características do traballo nela.

Os interesados en asistir aos procesos de selección deberán introducir previamente a súa curriculum vitae (CV) na web da compañía, inscribíndose na oferta de xornada de portas abertas (http://www.airnostrum.es/airnostrumempleo/).

Ao acudir á entrevista no hotel os aspirantes teñen que achegar dúas fotos de tamaño carné e unha de corpo enteiro, unha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou, se fose preciso, o permiso de residencia e traballo, tres copias dos CV e unha certificación dos estudos cursados.

Quen superen a entrevista persoal e as probas psicotécnicas terán a posibilidade de realizar un curso específico de mes e medio no que recibirán a formación coa que conseguirán o certificado de voo xunto coas habilitacións que lles permitirán realizar o seu labor nas diferentes aeronaves da compañía.

As entrevistas cos candidatos terán lugar o xoves 28 de xaneiro no hotel NH Palacio de Vigo da cidade galega ás 9 da mañá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta