Feijóo desacredita aos profesores universitarios

“España non merece depender do que digan 3 profesores de Ciencias Políticas”, di en relación aos líderes de Podemos. Asegura que “ninguén ten lexitimidade, nin Podemos, nin o PSOE nin os independentistas" para formar un goberno porque toman España “a broma”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2016 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PP galego Alberto Núñez Feijóo, foi este luns un chanzo máis alá nas súas críticas a Podemos. Unhas críticas que fixo extensivo a todo o colectivo universitario e, en especial, ao dos profesores universitarios. “España non merece ver que o PSOE dependa e faga depender ao conxunto do país do que digan tres profesores de Ciencias Políticas", dixo en alusión aos dirixentes de Podemos.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

Núñez Feijóo criticou o que está acontecendo entre a formación de Pablo Iglesias e o PSOE para a conformación dun goberno e criticou que en España non haxa unha segunda volta electoral como “na maioría dos países de Europa”. "Agora dependemos do que digan os profesores Monedero, Errejón e Iglesias. Ver ao PSOE depender e que faga depender a España do que digan tres profesores de Ciencias Políticas non o merece", dixo.

Na súa opinión, o PSOE, "tras 150 anos de historia, saberá que España é máis importante que o que poidan opinar tres deputados que non confían nas institucións nin no modelo constitucional español e que as sesións de investidura son moi serias e non se pode anunciar un goberno con ministros sen acudir a unha sesión de investidura", destacou

Suliñou que a situación actual nunca se produciu e advertiu de que se están tomando de broma as institucións, o pobo de España e a nación española" e que para iso "ninguén ten lexitimidade, nin Podemos, nin o PSOE nin os independentistas".

Antes de participar en Santiago nun acto no hospital Gil Casares, Núñez Feijóo tamén se referiu á decisión de de Mariano Rajoy de dar un paso atrás momentáneo e dixo que é "a única estratexia" que cabía tras ver ese mesmo día como un deputado da terceira forza con máis apoios se autoproclamase vicepresidente e mostrase aos seus ministros. Unha posición contraria a que mantiña un día antes de que Rajoy fixera ese anuncio.

Sen embargo, agora, Feijóo considera que "o lóxico" é que Mariano Rajoy fixese o que fixo e que o PSOE, "que se nega sistematicamente a falar con PP", presentase ao xefe do Estado a proposta da que xa se coñecen "vicepresidente e tres ou catro ministros". “Mariano Rajoy tomou unha decisión que implica "non tomarse a sesión de investidura de broma, respectar as institucións e a máis de 7,2 millóns de votantes do PP", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Hermerico

Desacredita aos. Os anos passam mas o jornalismo "independiente e sustentable" continua sem aprender galego

6 galegoexiliado

Os franquistas toman Expaña moi en serio. O que non toman en serio, desprezan e humillan é aos españoles. España va bien, y Ence también.

5 Xan

Coido que se refire a tres en concreto, Para nada fala dos profesores universitarios como colectivo.

4 Teutonio

Parece o Erdogan..

3 Un de Sada

Ti si que eres una broma de mal gusto. Fotografarse cun narcotraficante no seu barquiño, ou ir as touradas con un conseguidor/corruptor, iso e tomar a coña a cidadanía. Pero xa che queda pouco. Así que desfruta de según que "púlpitos"