Renuncia o edil que chamou “mala zorra” a Carmela Silva

Recoñece que as súas palabras foron “ofensivas e inadecuadas” e di que o fixo pola “frustración” de ver cancelado o rally das Rías Baixas pola falta de apoio da Deputación de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Moraña | 03/02/2016 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Mala zorra e sinvergüenza”. Estes foron os insultos que Jorge Caldas, tenente de alcalde en Moraña (Pontevedra), lle adicou á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na rede social Facebook, logo de que este organismo decidira reducir os orzamentos do rally Rías Baixas. Uns insultos que lle teñen costado a súa renuncia como concelleiro.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra | Fonte: depo.es

Caldas,  curiosamente até a data responsable da área de Igualdade, anunciou que deixa o Concello de Moraña e pediu desculpas á socialista Carmela Silva. “Os meus foron termos ofensivos e inadecuados", dixo este martes nun comunicado remitido aos medios no que explicou que o contexto no que se produciu tal comentario foi o da "frustración" pola cancelación da proba automobilística.

"En todo caso nin para min nin para o meu partido, nin esta discrepancia nin ningunha outra xustifican o insulto persoal que proferín e, por iso, quixen acompañar as miñas desculpas dun xesto que evidencia o meu arrepentimento polo erro cometido", engade.

"Esas consideracións, ademais de ser inxustificadas e inxustificables, nin se corresponden cunha relación lóxica entre adversarios políticos, nin se corresponden coa miña opinión persoal acerca da señora Silva", recolle este comunicado.

Esta decisión prodúcese tan só un día despois de que a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, suliñara que esas palabras non merecían a dimisión de Caldas e logo de que tanto o PSdeG como o BNG pediran a súa destitución e a da propia rexedora por defendelo. O PSdeG mesmo anunciou que pediría á Fiscalía que investigara estes insultos.

Comentarios machistas contra Carmela Silva
Comentarios machistas contra Carmela Silva | Fonte: pontevedraviva.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Para ampliar o coñecemento de causa no tema da Seña Carmela: ...en estos 8 años la querida Carmela Silva, con múltiples cargos públicos... con un salario anual cercano a los 100.000 euros... siguió viviendo en una vivienda social que le otorgó el Concello de Vigo en 1990.... http://carlosprincipe.com/2016/01/2...

1 Gamela

Non sei quen é ese tal Jorge Caldas pero dimitir por chamarlle ás cousas polo NOME non debera ser aceptable en política! O papelón do BNG xa é o colmo! Se alguén coñece a Carmela Silva que levante a man e que a poña no lume se se atreve! Esta señora leva anos merodeando por tódalas institucións do Estado sen que ninguén saiba de onde raio saíu (políticamente falando). Só sabemos que é a man esquerda de Abel Caballero, e se a xustiza fai ben o seu traballo o Concello de Vigo vai rematar igual que a Marbella de Jesús Gil Gil ... Así que moito coidado con confundir as cousas... En breve a Deputación de Pontevedra seguirá o camiño do Concello de Vigo (contratando a dedo todo e favorecendo as Concesionarias Amigas sin límite...) A Raposa está ao coidado das Galiñas !!! O BNG faría ben botando a vista atrás e mirando os resultados do BNG no Concello de Vigo por manter estas amizades perigososas... !!!