Temas: MONICREQUES

A polémica dos monicreques de Madrid chega a Galicia

"Non deixa de resultar rechamante que nuns días nos que as rúas se enchen de xente disfrazada de terroristas islamitas ou de papas, sexa polémico un caso como este", apunta a Asociación Cultural para a recuperación do Monicreque Tradicional Galego.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Asociación Cultural para a recuperación do Monicreque Tradicional Galego "Morreu o demo" quixo este sábado tranquilizar ao público que ve espectáculos de monicreques tras a polémica suscitada en Madrid na que unha compañía ensalzou a "Alka ETA" e os seus integrantes acabaron detidos.

Personaxes da obra La bruja y Don Cristobal, de Títeres desde Abajo
Personaxes da obra La bruja y Don Cristobal, de Títeres desde Abajo

"A detención de dous membros da compañía Títeres desde Abajo amosa a necesidade de coñecermos as nosas tradicións escénicas e de contextualizar as manifestacións artísticas de base popular", apunta esta entidade nun comunicado. Así explica que este tipo de polémicas ten lugar pola "redución dos monicreques" a un espectáculo para nenos.

"O acontecido evidencia para nós o grande esquecemento das nosas tradicións de títeres. Don Cristóbal é unha obra que, en diferentes versións, está se representar desde hai máis de 200 anos en todo o territorio español, e mantén escenas como algunhas das que, segundo informan os medios, puideron verse en Madrid", suliña.

Neste sentido, apunta que, ao igual que fixeron durante séculos os titiriteiros do mundo, "semella que Títeres desde Abajo realizou unha adaptación a cuestións actuais das vellas escenas que tan ben lembran moitos dos nosos maiores e que fan parte, sen dúbida ningunha, do noso acervo cultural".

Así, lembra que "estes entretementos desempeñaron durante moitos anos unha función catárquica para as clases populares e dirixíanse a espectadores de todas as idades". Por iso, mostrou a súa preocupación por ambas as detencións e considerou necesario "coñecer as nosas tradicións escénicas e contextualizar as manifestacións artísticas de base popular".

Tamén reprocha "a aparente incomprensión do público ante outras partes da obra que forman parte desde hai séculos do acervo cultural popular de toda Europa e que parece que, polo seu descoñecemento, xeran rexeitamento en parte do público actual".

A asociación "Morreu o demo" subliña o feito de que o sucedido desenvólvese no contexto dunha obra de ficción e pregúntase se cabe falar de apoloxía do terrorismo pola representación de grupos terroristas en películas como "Días contados" ou nas parodias que se realizan en programas como "Vaia Semanita".

"Non deixa de resultar rechamante que nuns días nos que as rúas se enchen de xente disfrazada de terroristas islamitas ou de papas, sexa polémico un caso como este", conclúe.

Temas: MONICREQUES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Chindasvinto

Estannos levando de novo á idade media.

5 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber se queredes que se escriba con lh (olho) ou ll (ollo). Podedes participar en https://estensiondogalego.wordpress...

4 Santiso

Imos ver si nos aclaramos. O do acervo cultural e esas leiras...está moi visto. Eu consíderome de esquerdas e nacionalista. Alguén da máis? Pero non vexo xustificábel que unha monxa sexa violada na representación. Non é o meu caso que lhes tenha amor a estas mulheres, pero a UNHA MULHER, SEXA CAL SEXA O SEU OFICIO, NON SE VIOLA! Entendido meus? Así que a ver si temos os "de esquerdas e Ada Colau" as cousas craras dunha punheteira vez!

1 Germám

"CNT afirma que la bruja, la protagonista de la obra polémica, está en su casa y que su vida es interrumpida por la aparición del ‘propietario’, el legítimo poseedor legal del piso, que decide aprovecharse de la situación para violar a la bruja. Siempre según el sindicato, la bruja mata al propietario en el forcejeo. Pero queda embarazada, y nace un niño. Entonces aparece el muñeco de la monja, que intenta llevarse al bebé. Pero la bruja se resiste y, en el enfrentamiento, la monja muere." Mais informaçom sobre a obra, por se val para algo. http://www.huffingtonpost.es/2016/0...

3 Neno

¿Pero estes --que collen nun taxi-- de qué van? Os de Madrid son uns flipaos

2 Göering sio OTAN

Eu digo quén é terrorista e quén non.