Catro anos de Baltar na Deputación de Ourense

O líder do PP de ourense destaca a Economía, o Termalismo e a Cooperación como "eixos" dos seus catro anos ao fronte do organismo provincial.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 07/02/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e líder indiscutible do PP de Ourense cumpriu este fin de semana catro anos ao fronte do organismo provincial repartidos en dous mandatos. Un tempo no que destaca a eficiencia na xestión económica, cooperación co global de concellos, o plan termal e a transparencia.

José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense
José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense | Fonte: depuourense.es

E para destacar esta efeméride, o organismo provincial remitiu un comunicado no que salienta o traballo de Baltar nestes anos. Catro anos de "innovación e a participación cidadá" e  nos que "conceptos de vangarda, marca Ourense, provincia intelixente e a visión integral da provincia" se sitúan como aspectos fundamentais deste período.

"Fomentar a cultura, o medio ambiente e o deporte; emprender actuacións relevantes no desenvolvemento económico, a creación de emprego, o asentamento de poboación e a apertura dalgúns novos mercados foron e seguen vixentes hoxe en día, como as principais prioridades", destaca Baltar neste comunicado.

A deputación tamén salienta a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco, a organización do Congreso Mundial de Escritores do PEN-Clube e a Volta a España 2016 son tamén grandes retos, este último, o do ciclismo, con Ourense como protagonista de catro etapas e un retorno económico que se presume de até 1,7 millóns de euros.

O pesidente provincial suliña que estes retos son "realmente claves" para que "os veciños teñan a mesma calidade de servizos, así como a participación cidadá, que se impulsa desde unha Deputación máis sinxela burocráticamente e cada vez máis aberta á sociedade, dado que representa a todos os ourensáns".

Ademais destaca que a institución promoveu o Debate Sobre o Estado da Provincia, unha iniciativa pioneira, e a Conferencia de Presidentes de Gobernos Provinciais, nos que tivo especial cabida a "Provincia Intelixente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Castrón D'Ouro

Catro anos non, son decadas de familia Baltar, de caciquismo e de clientelismo. E de medios que lles fan a pelota, moitos mais dos que se di: lembran a entrevista complice a Baltar Jr, aquela na que se censuraron comentarios e logo se prohibiu a posibilidade de comentar...

1 Xestosos

Catro anos de caciquismo, escándalos e corrupción, aparte de posibles delitos.