A Xunta recupera os seus servizos despois dun problema nos seus sistemas informáticos

Os técnicos da Administración autonómica consiguiron recuperar a dispoñibilidade dos seus servizos ao redor das 12:30 horas, tras porse en contacto co provedor

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2024 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia



A Xunta restablece a operatividade dos seus servizos, despois de que este xoves pola mañá rexistrase cortes intermitentes que causaron problemas nos seus sistemas informáticos. Estes cortes afectaron o desenvolvemento normal das súas actividades, deshabilitando algúns dos seus servizos.

A incidencia foi provocada por un erro do fabricante e debeuse a unha actualización de seguridade, proporcionada polo propio software usado polo órgano autonómico, nos equipos de protección do Centro de Proceso de Datos (CPD) da Xunta.

Os técnicos da Administración autonómica consiguiron recuperar a dispoñibilidade dos seus servizos ao redor das 12:30 horas, tras porse en contacto co provedor.

Edificio administrativo de San Caetano
Edificio administrativo de San Caetano | Fonte: Xunta - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta