As titulacións que pecharon coa nota de corte máis alta volveron a ser, como todos os anos, o dobres grao en Matemáticas e Física (13,458) e en Enxeñaría Informática e Matemáticas (13,113), ambos pola USC. Séguelles Medicina na USC (12,953) e Aeronáutica na UVigo (12.865).
  comenta   0
A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aprobou na súa reunión deste venres solicitar ao Ministerio de Xustiza e á Xunta que a nova aplicación informática para a tramitación de procedementos xudiciais permita o seu uso, indistintamente, en lingua galega e española.
  comenta   0
Renfe suspendeu este mércores a circulacion dos trens Talgo Avril debido a un fallo informático e está a recolocar a todos os viaxeiros noutras composicións para garantir a súa mobilidade, segundo informou a través da rede social X.
  comenta   0
En colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia o programa educativo de sensibilización sobre Internet e redes sociais chega a case 90.000 estudantes galegos.
  comenta   0
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) alerta dun aumento de estafas con motivo do 'Black Friday', que ten lugar este venres, e do Cyber Monday, o vindeiro luns, polo que recomenda cautela ante diferentes "gangas" que poidan aparecer en Internet.
  comenta   0
Os técnicos da Administración autonómica consiguiron recuperar a dispoñibilidade dos seus servizos ao redor das 12:30 horas, tras porse en contacto co provedor
  comenta   0
A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia lanzan xornadas destinadas a mellorar a experiencia hospitalaria infantil.
  comenta   0
A era dixital trae canda si a conectividade de todos e cada un dos elementos que conforman o noso día a día no fogar. Desde os electrodomésticos até a temperatura da auga, todo pode estar vinculado á “internet das cousas”. Unha conexión parasitada, un virus ou os malware poden botar abaixo todo o funcionamento dun fogar conectado, por tanto, a ciberseguridade convértese noutro elemento imprescindible para termos unha vivenda segura
  comenta   0