PP e PSOE coinciden nas súas críticas a Compostela Aberta por dúas novas contratacións

Din que os dous novos postos en Urbanismo e Contratación serán designados por "libre designación", un proceso que xa utilizaron os populares cando gobernaron en Santiago.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os portavoces municipais do PP e do PSOE no Concello de Santiago, Agustín Hernández e Paco Reyes, volveron coincidir nas súas críticas a Compostela Aberta polo proceso de designación das dúas prazas de dirección de áreas en Raxoi.

Agustín Hernández , alcalde de Santiago, nun evento organizado por El Correo Gallego
Agustín Hernández , alcalde de Santiago, nun evento organizado por El Correo Gallego

A formación de Martiño Noriega decidiu recuperar estas dúas prazas, cubertas na lexislatura de Agustín Hernández, e que, no seu día, foran criticadas por Compostela Aberta. Trátase de duas prazas relacionadas coas áreas de contratación e urbanismo.

Por iso, Hernández, en conferencia de prensa, criticou que Compostela Aberta utilice o mesmo proceso de contratación que os populares, "por libre designación". Un sistema, lembrou, que fora criticado no seu día.

Así, insistiu en que o que pretende Compostela Aberta é "unha tomadura de pelo", publicitando uns postos que en realidade xa están cubertos. "Isto acredita a desconfianza de Noriega nos propios funcionarios de Raxoi", indicou. E relacionou estas contratacións cos problemas que ten a formación de Martiño Noriega en cuestións relacionadas coa contratación, que se evidenciaron na xestión da adxudicación dos comedores escolares.

Pola súa banda, Paco Reyes considerou que o feito de publicitar estas prazas cando xa se sabe quen ocuparán o postos é un "paripé" e exhibe unha forma de actuar similar á do PP. "Facémoslle a mesma crítica que ao PP", insistiu Reyes, que lembrou que por un feito similar levaron ante o Valedor do Pobo o proceder dos populares.

Para o socialista, este feito incumpre co proclamado por Compostela Aberta en campaña electoral, xa que supón un gasto de "150.000 euros" sen unha "xustificación intensa", e, así, remarcou que o único motivo que pode existir para cubrilas é "a falta de xestión" do goberno de Noriega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 galegoexiliado

A dereita, franquista e socialista, sempre vai xunta na defensa dos seus privilexios. Frey Ajustín e o seu sacristán Paco seguen sen asimilar o resultado electoral, e créense elexidos polos deuses pa gobernar o mundo e Compostela. No te lo perdonarán jamás jamás, Carmela Noriega, jamás.

1 Raxuá

Fai ben Compostela Aberta contratando no sector privado. Os chupatintas do Concello de Santiago son uns vagos, e por riba teledirixidos dende o PSOE por medio da UGT. Vai sendo hora que alguén lles plante cara. O PP, moita cacarexar, pero non se atreveu.

1 EU non me mareo

O falar non ten cancelas. A UGT no Concello de Santiago é residual. Ten 4 delegados sindicais de 22. Polo demais, tamén eu podería afirmar que Raxuá é un chupatintas e un vago sen ter nin idea de quen falo e quedar tan pancho. É de paso, un poco de coherencia para quenes din defender o público e logo apostan por contratar privadamente.