Os matrimonios descenden, soben os divorcios

A crise económica, o retroceso dos valores católicos e o auxe de servizos de contactos en liña son, entre outros moitos, algún dos factores que contribúen a explicar o cambio no modelo de parella actual.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/02/2016 | Actualizada ás 06:00

Comparte esta noticia

As frías cifras indican que a monogamia, polo menos na súa versión matrimonial, está en retroceso. Nin sequera o fébel inicio da recuperación económica se está a recuperar a cantidade de vodas celebradas no país. Así, segundo datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística, en Galicia houbo en 2010 9.930 matrimonios. En 2015, últimos datos dispoñíbeis, só se casaron 3.664, a penas 726 empregando o rito da relixión católica.

Imaxe de recurso dunha parella
Imaxe de recurso dunha parella

Polo contrario, os divorcios non paran de medrar.  A nivel estatal creceron case un 7% o ano pasado.  España situouse como o Estado con máis divorcios en toda a Unión Europea, cunha taxa de 3,16 por mil. 

En Galicia hai 2 divorcios cada ano por cada mil habitantes. Segundo cifras do INE en 2014, nun ano separáronse 5.291 parellas. É dicir, un matrimonio galego vai o tacho cada 99 minutos.

Cales son os motivos deste evidente retroceso dos valores matrimoniais? Todos os estudios indican que a infidelidade é a principal causa alegada nos xulgados, especialmente entre as parellas máis mozas. Segundo unha enquisa do portal Parship, os ‘cornos’ supoñen a causa da ruptura do 20% das parellas. A rutina e a monotonía son os seguintes motivos máis alegados.

Estes datos axudan a comprender o ‘boom’ das parellas que van máis aló de evitar o matrimonio e deciden manter a cada vez máis popular “relación aberta”, sen esixir a tradicional monogamia, que é parte  básica tanto do matrimonio civil como do católico.

Outro factor a ter en conta é a cada vez maior popularidade dos servizos en liña que permiten as parellas contactar con outras parellas interesadas no mesmo estilo de vida. Lonxe das aventuras extramatrimoniais foco doutros sitios web, portais como, por exemplo, Fuego de Vida centran o seu nicho de mercado no coñecido como “parelas liberais”.  “Pór en relación nun ambiente aberto e sinceiro a toda a xente que pensa así, para ofrecer un espazo onde cada un poda comportarse como realmente é” é o obxectivo declarado por fuegodevida.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta