O asasino da súa parella en Becerreá entrégase aos seus compañeiros de caza antes que á Garda Civil

O agresor matou a súa compañeira sentimental nun acción na que tamén resultou ferido o fillo da falecida, de 16 anos.

Por Galicia Confidencial | Becerreá | 11/02/2016 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Galicia suma unha nova vítima da violencia de xénero. Trátase dunha muller de 40 anos, de Pedrafita do Cebreiro, que foi asasinada polo seu compañeiro sentimental, un home de 29 anos, dun disparo de escopeta.

Becerreá
Becerreá | Fonte: tripmondo.com

Un fillo de 16 anos da muller morta resultou ferido nunha man polos disparos realizados polo home que, despois dos feitos, decidiu chamar a uns amigos cos que ía de caza. Os feitos ocorreron ao redor das 18,00 horas deste xoves na casa que ambos tiñan alugada no pobo de Herbón, que pertence á parroquia de San Pedro de Tortes, a un catro quilómetros do núcleo do municipio ao que pertence, Becerreá.

O alcalde expulsado do PSOE, Manuel Martínez, explicou que o detido chamou ao tenente de alcalde, Claudio Vázquez, e a outra das persoas coas que ía de caza para que acudisen ao lugar, porque "prefería entregarse" a estas persoas. "Entregouse, deixou a escopeta e foi levado ao cuartel da Garda Civil de Becerreá", dixo.

Posteriormente, o home foi detido por axentes da Garda Civil de Lugo e foi trasladado, para que preste declaración, ao cuartel da comandancia. Non constan antecedentes por malos tratos, aínda que a muller si denunciara a unha parella anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta