Temas: VACA

Exportan seme galego a varios países do mundo

Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Holanda, Australia, Suíza, Suecia ou Finlandia, entre os países receptores.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 17/02/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O seme da raza Frisoa e Rubia Galega criada en Galicia é exportada a varios países do Mundo. É a empresa pública Xenética Fontao, adscrita á Consellería de Medio Rural, a encargada de realizar estes envíos a varios dos países máis desenvolvidos en xenética de raza frisoa, entre os que destacan Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Holanda, Australia, Suíza, Suecia ou Finlandia.

Vaca de raza rubia galega co seu cuxo
Vaca de raza rubia galega co seu cuxo

Outros mercados nos que se comercializan doses de Frisoa e Rubia Galega son Turquía e, principalmente, México e Brasil, aínda que tamén se están explorando novos mercados en países como Indonesia, Marrocos, Malí ou Angola.

Unha proxección internacional que foi destacada este martes pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa visita ás instalacións da empresa, situada en Lugo. Alí destacou que o traballo de Xenética Fontao permite "incrementar" o potencial xenético dos animais da cabana bovina e alcanzar unha "mellora notable" da produtividade, así como establecer as bases dunha produción xenética propia fronte ás importacións sistemáticas de material xenético doutras épocas.

Xenética Fontao naceu en 1998 co obxectivo de contribuír a que a cabana bovina galega consiga altos niveis de produción, tanto de leite como de carne, e uns elevados índices de calidade, compatibles cun nivel de renda excelente para o gandeiro.

Temas: VACA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Antolín o dos Cubatas

Que non cunda o pánico: É seme de boi, que vos pensabades

2 leite de burrican

a ver se podedes avisar o nostrus que ten que ir donar

1 Javier Martínez Alfonso

Joder, es el holocausto definitivo! XD No enfadarse, es sólo coña! ;)