Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/02/2016 | Actualizada ás 17:40
En 2015, en total houbo 91 vítimas mortais, o que supón 19 menos que no ano anterior.
Os datos facilitounos a coordinadora de la Dirección General de Tráfico (DGT) en Galicia, María Victoria Gómez Dobarro, esta mañá na comisión autonómica de seguridade vial.
A Administración tamén deu conta da posta en marcha de tres novos radares de tramos, que se suman aos xa existentes noutras zonas do país.
Un deles estará nas curvas da Xionlla, preto de Santiago, na Nacional 550, un tramo coñecido pola seu perigo. A DGT argumenta que escolleu precisamente lugares nos que as estadísticas mostran que hai moitos sinistros. Na Xionlla a velocidade está limitada a 80 quilómetros hora e o radar contralará a estrada entre os quilómetros 54 e 56.
Na estrada N-525 (Ourense- Gustei) vixiará o tramo comprendido entre os quilómetro 242 y el 245, onde a velocidade máxima e de 70 quilómetros por hora.
Aínda se está a instalar un novo radar de tramo na AP-9 nos túneis de Candean-Madroa, onde a velocidade máxima e de 100 quilómetros hora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.