Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 09/12/2024 | Actualizada ás 21:00
A atleta galega Ana Peleteiro, campiona de España e medallista olímpica de triple salto en Tokio 2020, denunciou nun vídeo publicado na súa conta de Tik Tok que sufriu agresións sexuais e maltrato psicolóxico por parte dunha ex parella, á cal non identifica polo seu nome (aínda que as redes xa teñen as súas especulacións: Nelson Evora). "Espertaba polas noites tendo relacións sexuais sen consentimento, e aínda así quedeime. Cambiei absolutamente todo de min, dende a vestimenta ata o pelo, a forma de actuar coa miña familia. Conseguiu distanciarme de moitísima xente, e aínda así quedeime", confesa.
A súa intención con este 'trend' que están a compartir moitas famosas nas súas redes sociais, baixo o título de 'e aínda así quedeime', como di ao comezo do vídeo, era conseguir "que outras nenas non se queden, alo menos non tantas veces". E polo que se pode apreciar nos comentarios da súa publicación, logrou sacar á luz unha realidade: a gran cantidade de mulleres (e tamén homes) que pasan por situacións semellantes estando en parella e que, aínda así, teñen unha dependencia emocional tan grande que non rompen a relación.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Detido en Lleida o sexto implicado e autor principal da grave pelexa que deixou tres feridos por arma branca en Pontevedra
- Operación Santicoper: desmanteladas dúas redes criminais de roubo masivo de cobre en varios puntos de España, entre eles Galicia
- Un fallo na matrícula deixa sen bonificación a estudantes da USC, pero Xunta e universidade rectifican
- Xinzo, con 7,6 graos, rexistra unha das temperaturas máis baixas do país en pleno mes de xuño
- Investigado un matrimonio por intercambiar os seus cartóns dixitais de condutor profesional para non descansar ao volante
- Ferido grave un condutor implicado nun accidente entre un coche e un camión que obrigou a cortar a AG-53 en Punxín