Denuncian problemas na atención a abortos no CHUAC da Coruña

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convocou unha concentración para este xoves. Marea Atlántica, PSdeG e BNG apoian as súas reclamacións.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto concentrarase este xoves ante o CHUAC para  denunciar problemas na atención a abortos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).  Reclama que que se tomen as medidas oportunas "para garantir unha atención integral e de calidade" ás mulleres que necesitan un aborto no segundo trimestre do seu embarazo.

Protesta dos traballadores sanitarios pedindo máis medios e persoal no hospital do SERGAS na Coruña, o CHUAC
Protesta dos traballadores sanitarios pedindo máis medios e persoal no hospital do SERGAS na Coruña, o CHUAC | Fonte: CIG

Precisamente, o Goberno local da Coruña solicitou unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, porque, di, existe "preocupación" polos coidados que reciben as persoas que necesitan a citada interrupción do embarazo a partir da décimo cuarta semana de xestación.

Nun comunicado, o Concello reclama que os paciente “reciban "a mesma atención que cando se trata dun parto", pois advertiu da existencia de denuncias de que non se cumpren os protocolos internacionais para estes casos.

O PSOE xa expresou o seu apoio á concentración deste xoves para denunciar a suposta situación que se produce no Materno e en defensa dun aborto digno. Neste sentido, Mar Barcón, secretaria xeral da Agrupación Socialista, cualificou de "cruel" a falta de atención que se presta ás mulleres que queren exercer o seu dereito a un aborto digno e subliñou que é consecuencia dos recortes do Partido Popular.

Tamén a parlamentaria socialista Marian Ferreiro esixiu “unha atención adecuada, unha atención integral e non asistencial” e anunciou que o PSdeG pediu a comparecencia do conselleiro de Sanidade no Parlamento galego para que fale sobre este asunto.

Pola súa banda, o BNG  tamén se suma a protesta e pediu, a través dun comunicado, que se deben respectar os "mínimos que marcan os protocolos" nestes casos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Wenceslao

Oe Barcona, xa devolviches a pasta que pillabas pola túa asistencia aos consellos de administración de Caixa Galicia onde non dicías nada ante os desastres de Gayoso, Pego y cia?

1 bautista do unto

Gayoso e Pego non eran de Caixa Galicia