Temas: CABALO A CORUñA

A Coruña confiscará os cabalos soltos do concello

O Goberno local di que quere evitar que poñan en perigo aos veciños e garantir a seguridade dos animais.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/02/2016 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Todos os cabalos soltos que se atopen no termo municipal da Coruña e se atopen na vía pública, serán confiscados polo concello da Coruña. Unha medida coa que tenta evitar situacións de perigo, tanto para a veciñanza como para eles mesmos, co fin de garantir a seguridade.

Cabalos soltos nunha estrada
Cabalos soltos nunha estrada | Fonte: unpocosobrecaballos.blogspot.com

"Este Goberno apoia o mantemento dos usos tradicionais ligados ao rural, pero en ningún caso de situacións que poidan supor un perigo para a veciñanza", destacou este xoves a Concellaría de Medio Ambiente. Así, e aínda que se amosou a favor da "existencia e convivencia de animais de tipo gandeiro dentro do municipio", dixo que isto ten que ser sempre que "estean en boas condicións e cumpran con todas as normativas respecto diso".

O concello adoptou esta medida logo de varias denuncias por cabalos soltos en vías públicas da cidade, especialmente, na zona de Bens, onde se atopan ceibos. Neste caso, a intención do consistorio é que estes animais sexan cercados para poder garantir tanto a seguridade na zona como que a situación na que se atopan sexa óptima.

Temas: CABALO A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta