Por GC Tendencias | Vigo | 20/02/2016 | Actualizada ás 10:00
Galaxia, que edita o libro, define o libro como “unha novela de amor contra o amor protagonizada por Carla, unha muller que organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta”. O argumento xira en torno amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. A trama xira cando un día ese centro de gravidade colle a porta e marcha.
Francisco Castro (Vigo, 1966) é un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con “Spam” que publica Galaxia.
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela “As palabras da néboa”. No mesmo ano publica “O ceo dos afogados” que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010). En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10' .
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.