Aumentan as críticas por "privilexios" á princesa Leonor, nomeada filla adoptiva de Marín

A filla de Felipe VI non ten un bo rendemento académico na Escola Naval Militar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2024 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Marín, cos votos a favor do PP e PSOE e o rexeitamento do BNG, ratificou a proposta para nomear á princesa de Asturias, Leonor de Borbón e Ortiz, como filla adoptiva.

Na sesión deste xoves, a alcaldesa, María Ramallo, explicou que Marín ten un "forte vínculo" establecido coa Casa Real por ser a sede da Escola Naval Militar onde Leonor, e no seu día o rei Felipe, realiza unha parte da súa formación castrense. Para o Concello, asegurou, "é un orgullo" outorgarlle esa distinción, do mesmo xeito que pasou con Felipe VI, en 1986, cando se formaba como garda mariña no municipio pontevedrés.

O expediente estivo publicado durante 15 días no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica e non recibiu ningunha alegación. Polo momento, non hai unha data establecida para celebrar o pleno extraordinario no que se votará e outorgaráselle a distinción á princesa Leonor.

A Princesa Leonor á súa chegada á Escola Naval de Marín, a 29 de agosto de 2024
A Princesa Leonor á súa chegada á Escola Naval de Marín, a 29 de agosto de 2024 | Fonte: Elena Fernández - Europa Press

"PRIVILEXIOS"

Este nomeamento faise público cando máis aumentan as críticas de cadetes e familiares sobre os presuntos "privilexios" que a filla do monarca español está tendo na Esocla Naval. Así, aos numerosos permisos que recibe e vetados para o resto do alumnado do centro, únese a prohibición de teléfonos móbiles menos para a infanta Leonor.

Ademais, pais e alumnos comezaron a cuestionar a esixencia académica da formación que recibe a herdeira ao trono español, motivada pola súa mala formación e notas, o que ten provocado que conte "cun programa adaptado" ás súas necesidades. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta