Galicia sofre unha fuga de empresas que estanca a súa economía

Un informe alerta de que moitas empresas prefiren emigrar a outros puntos do Estado favorecendo a deslocalización. González Laxe advirte de que o país se está "afastando daquelas comunidades autónomas máis dinámicas" e se mantén "estancado" no 80% do PIB da media da UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/03/2016 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Un total de 154 empresas deixaron Galicia no 2015 para trasladar o seu domicilio fiscal a outros puntos de España, mentres que só 135 emigraron doutras autonomías a Galicia. Un balance negativo que supón un estancamento da economía e un retroceso da converxencia do país co conxunto do Estado.

Parque Empresarial de Rianxo
Parque Empresarial de Rianxo | Fonte: seasuelo.com

Son as conclusión dun informe divulgado este luns polo Foro Económico de Galicia que apunta, ademais, que até o 19 de febreiro deste ano, é dicir, nos primeiros 50 días do ano, decidiron marchar do país outras 19 empresas, fronte a 12 que quixeron instalar o seu domicilio fiscal aquí. Un balance negativo en 2015 que continúan, tamén, en 2016. 

As empresas que emigraron de Galicia marcharon, fundamentalmente, a Madrid, Valencia, Andalucía, Cataluña e Castela-León, pero tamén ao norte de Portugal onde o chan, a enerxía, o salario e a presión fiscal son máis baratos. E é que outro informe precedente xa revelaba que os parques empresariais abundan en Galicia, pero carentes de empresas, polo que a rebaixa do prezo do chan, "aínda non é suficiente" para atraer ás empresas.

Por iso, e segundo este foro, Galicia está sufrindo unha fuga de capital como parte do proceso de "deslocalización", a pesar de ter un crecemento, soportado fundamentalmente polo consumo interno, que é insuficiente para poder converxer co resto de España e de Europa. Así, o catedrático de Economía Fernando González Laxe, expresidente da Xunta, critocou na presentación deste documento de que en Galicia “xa son máis o número de empresas que saen que as que entran”.

En todo caso, recoñeceu que a economía de Galicia creceu no último trimestres, polo que está "a saír dos efectos máis directos da crise" iniciada en 2007-2008, aínda que a súa expansión está por baixo da media de España. De feito, suliñou, este crecemento non é suficiente para alcanzar o do resto de España e destacou como especialmente "preocupante" que Galicia se está "afastando daquelas comunidades autónomas máis dinámicas", ademais de manterse "estancada" no 80% do PIB da media da UE.

Parque industrial vacío de Arteixo
Parque industrial vacío de Arteixo | Fonte: googlemaps

E como actuar para erradicar esta situación?. A receita de Laxe pasa por actuar con políticas de "atractivas e de receptividade xeradoras de confianza". “É necesario seguir avanzando na rebaixa do prezo da enerxía, na achega de coñecemento e noutras medidas para evitar esa fuga, esa estampida de empresas”,

Ademais, o informe indica que Galicia rexistrou na primeira fase posterior á crise un crecemento do comercio exterior a consecuencia dos salarios baixos que permitiron mellorar as exportacións, incluído cara a países emerxentes, aínda que esa tendencia cambiou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Fartodenaziocomunistasindepes

Deja que como lleguen al poder los comunaziosindepes y se pongan a freir a impuestos a los empresarios y a elaborar una legislación laboral rígida que sólo favorezca las peticiones de los sindicatos izquierdosos... Eso sí, venga a hablar de cambio, de progreso, de gasto público y de clase traballadora. ¡¡Que Dios nos coja confesados!!

6 Ana

Hoxe no estado español pinta algo Madrid, Catalunya, Valencia e Euskadi, mais Galiza non pinta nada pq non temos no parlamento español un grupo parlamentario propio nacionalista galego e sen ataduras con Madrid. Agardo que a proxima vez os galegos non nos deixemos enganar por discursos que falen de "circulos" ou "estado plurinacional". A soberania exercese sin ataduras con forzas en Madrid e dialogando de "tu a tu" coma esta a facer Compromís no parlamento español.

5 Ana

Precisamos soberania e un goberno que tome decisions en defensa dos intereses de Galiza. Galiza precisa un presidente nacionalista galego que mire por e para o pais e non que mire a Madrid. E que ninguen pense que isto vai mudar cos podemitas pq son tan centralistas coma o PP e senon so hai que ver quenes toman as decisions nese partido.

4 pode funcionar

oes, inda podemos empregar essas pistas dos polígonos nas fotos, aquelándoas un chisquinho para que semelhen essas que lhe din que as fixeran os marcianos, como as de Nazca no Perú ou en Inglaterra

3 FXeJ

A guerra económica que nos fai portugal, con subvencións ilegais e dumping é a causa de todo, que miren os novos poligonos lusos a 300 metros da fronteira. Algo premeditado.

1 craquefálico

un craque, o que és tí, menudo craque