Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2025 | Actualizada ás 14:54
A Xunta declara a utilidade pública das instalacións do proxecto de parque éolico Serra do Faro (ampliación II), "o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados" e "implica a urxente ocupación" en relación con varias parcelas. En calquera caso, suspende o prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento expropiatorio, entre outras cuestións, "atendendo a cal é o pronunciamento xurisdicional que resulta indispensable para a continuación do procedemento".
O Consello da Xunta declarou en 2023 este proxecto de parque eólico como iniciativa empresarial prioritaria. En marzo de 2024, o Tribunal Superior de Xustiza da Galicia (TSXG) ditou autos relativos aos procedementos da asociación Ecoloxistas en Acción Galiza e de Petón do Lobo, e acordou a suspensión cautelar. Agora, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a declaración da compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: MVMC Miotos, titular A Cabana e Pobadura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.