Condenado a 21 anos por catro delitos de abuso sexual a sobriñas-netas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso interposto por un home que foi condenado a penas que suman máis de 21 anos de cárcere como autor de catro delitos de abusos sexuais, un deles continuado, sobre catro mulleres, das que dúas eran menores de idade.

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a este home en setembro de 2024 por cometer eses delitos, en diferentes momentos entre 2010 e 2015. Tres das vítimas eran as súas sobriñas-netas e os abusos cometéronse no domicilio familiar, cando o procesado lles daba "tratamentos con masaxes".

No seu recurso, a defensa alega que se vulnerou o principio 'in dubio pro reo', e tamén cuestionou a veracidade das declaracións das vítimas, alegando, entre outras cuestións, que as denuncias se realizaron tardíamente. O alto tribunal galego, no entanto, valida a credibilidade das afectadas e rexeita que puidese haber fin espúreos nos seus testemuños.

Por outra banda, apunta que todas as vítimas "consideraron os feitos inaceptables, con independencia de que tardasen en denuncialos ou do motivo conxunto que lles leva a facelo, sobre o que non caben especulacións que poñan en cuestión uns relatos que son perfectamente cribles, coherentes e cumpren os parámetros orientativos do denominado triplo test".

Con respecto á invocación do principio 'in dubio pro reo', o TSXG tamén a rexeita, e lembra que só cabe cando "resulte vulnerado o seu aspecto normativo, é dicir, na medida na que se demostre que a Audiencia condenou a pesar da súa dúbida, o que non sucede no suposto estudado". Por todo iso, acordou desestimar o recurso de apelación e confirmar a sentenza da Audiencia da Coruña que, ademais das penas de prisión, impón ao acusado o pago de indemnizacións que suman 32.000 euros por danos morais ás vítimas.

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Xunta - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta