Por que o alcalde de Dozón non quere fusionarse con Lalín?

O alcalde de Lalín solicitou unha reunión ao conselleiro de Presidencia para impulsar as fusións municipais na comarca do Deza. Rafael Cuíña (Compromiso por Galicia) pretende explicarlle a Alfonso Rueda os seus argumentos para xuntar concellos, empezando co veciño de Dozón.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 11/03/2016 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

Dozón ten pouco máis de 1.200 habitantes, case o 40% con máis de 65 anos. En 10 anos, perdeu o 40,7 % da súa poboación. Isto convérteo, en teoría, nun municipio moi proclive a fusionarse. 

Adolfo Campos, alcalde de Dozón, do PP, detido por fraudes en cursos de formación
Adolfo Campos, alcalde de Dozón, do PP, detido por fraudes en cursos de formación | Fonte: La Sexta

Sen embargo, o seu alcalde, Adolfo Campos (do PP, aínda que de baixa temporal tras ser imputado na trama de fraude de cursos de formación), non quere escoitar falar sequera dunha fusión con Lalín porque argumenta que Dozón acabaría sendo unha parroquia rural e periférica da capital do Deza. Outra cousa, di, sería xuntarse con municipios máis pequenos como Agolada. 

Cómpre ter en conta que Dozón leva décadas gobernada por Campos e a súa familia, que entre o Concello, a gasolineira, unha cadea de ferreterías, unha fábrica de pensos e o matadeiro de Lalín controla a práctica totalidade de empregos no municipio.

A proposta da fusión non é unha idea nova de Cuíña. Xa o anterior alcalde, José Crespo, do PP, propuxera abrir o diálogo. Como lle sucede agora ao de Compromiso, atopouse coa negativa frontal dos alcaldes dos municipios rurais. Ante esta situación, Cuíña di que valorar abandonar a mancomunidade comarcal; segundo explicou nunha entrevista en Radio Lalín.

Rafael Cuíña
Rafael Cuíña
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Xiloe

A cousa vai de pelexas entre familias caciquiis. En Dozón teñen aos Campos e en Lalín aos Cuiña, que son os donos de medio concello. A mesma...

1 Oligo

Hai que ser oligofrénico estilo Xiloe para dicir iso

2 Xiloe

Oligo, en lugar de tentar insultar cun asunto tan serio como a oligofrenia, podes explicarme en que está equivocada a miña afirmación. Ou é que nin sabes nin podes?