A CUT denuncia irregularidades na TVG

A CUT denuncia graves irregularidades no día de hoxe durante o proceso de revogación do Comité de empresa da TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2009 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A maioría dos traballadores presentes e os mesmos promotores da revogación, cos que o Comité de Empresa non negociou en ningún momento as condicións do proceso, decidiron non exercitar o seu dereito ao voto para non lexitimar un procedemento que consideran que vulnera moitas das garantías que a lexislación prevé para a celebración deste exercicio democrático.

Varios traballadores presentaron ante as mesas reclamacións para denunciar posibles irregularidades, como que as mesas están compostas polos propios membros do Comité de Empresa obxecto de revogación, ou a imposibilidade dos traballadores da quenda de fin de semana de exercer o seu dereito ao voto pola premura coa que o Comité convocou as asembleas, con 48 horas de antelación, nunha manobra que a CUT considera descaradamente obstrucionista.

Os empregados e empregadas da canle autonómica que promoveron o proceso revogatorio van denunciar a obstrución e as posibles irregularidades do proceso nas instancias oportunas, esixindo as responsabilidades dos diversos implicados ata as súas últimas consecuencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

42 Observador

Mira Manuel, se os sindicatos que hai na TVG exercesen no naval ou noutros ectores máis conflitivos posiblemente non estarían onde están, porque non se pode estar comendo da sopa boba toda a vida. Os sindicatos da TVG están instalados nunha poltrona desde hai moitos anos. E de aqueles polvos estes lodos... Así que non me fales de intereses,porque intereses hai moitos e o primeiro é o interés que teñen os sindicatos desa empresa.

41 Manuel

Cegos o mui interesados no asunto. NOn é?

40 Observador

un que sinte noxo e s.a.r saben do que falan.... non pode estar máis que de acordo.
E que ahi que estar cegos para non querer ver o que está pasando....

39 anónimo

donde está la ciga, matari-lerilerile. donde está la ciga, matarilerileron?
en el fondo del mar, matarilerilerile.
en el fondo del mar, matarilerileron.
chim pom

38 un que sinte noxo.

O mais incrible é que toda esta pantomima de convenio, de oposicions inexistentes, e incluso de persecucion sindical e laboral das voces discolas dentro da cig, son promovidas polo secretario nacional do sector sevizos, presente en todas e cada unha das asambleas tanto da seccion sindical coma nas reunions coa direccion da empresa.

¿POR QUE A TVG PERTENCE O SECTOR SERVIZOS E NON A ADMINISTRACION PUBLICA DENTRO DA PROPIA CIG?

PREGUNTADELLE A SECRETARIO NACIONAL DE SERVIZOS, QUE HA DE SABELO.