A CUT denuncia irregularidades na TVG

A CUT denuncia graves irregularidades no día de hoxe durante o proceso de revogación do Comité de empresa da TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2009 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A maioría dos traballadores presentes e os mesmos promotores da revogación, cos que o Comité de Empresa non negociou en ningún momento as condicións do proceso, decidiron non exercitar o seu dereito ao voto para non lexitimar un procedemento que consideran que vulnera moitas das garantías que a lexislación prevé para a celebración deste exercicio democrático.

Varios traballadores presentaron ante as mesas reclamacións para denunciar posibles irregularidades, como que as mesas están compostas polos propios membros do Comité de Empresa obxecto de revogación, ou a imposibilidade dos traballadores da quenda de fin de semana de exercer o seu dereito ao voto pola premura coa que o Comité convocou as asembleas, con 48 horas de antelación, nunha manobra que a CUT considera descaradamente obstrucionista.

Os empregados e empregadas da canle autonómica que promoveron o proceso revogatorio van denunciar a obstrución e as posibles irregularidades do proceso nas instancias oportunas, esixindo as responsabilidades dos diversos implicados ata as súas últimas consecuencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

22 eu tampouco_quero_ser_anxo_quintana

pero tintiño de deus. xa te asemellas ao matute ribeirán ¿cántas cigas hai? ¿a qué obedece que os delegados da ciga autonómica bufen e arremetan contra "castrillada" da ope do consorcio cando, pola contra, a ciga ¿nacional? dalle todas as suas bendicións a todo o que decideu quintana neste asunto e noutros?

tanto o quintanilla coma ti debedes pensar que tododios traga as vosas de muiño?

mira, voucho explicar esquematizado para que o entendas:
1º.- seguramente me quede curto na porcentaxe, é máis que probable que máis do 90,00% dos traballadores temporais do consorcio (galescolas, etc.) entraron, dun xeito ou doutro, enchufados nos seus contratos temporais (entrevistiña e outras lerias xa houbo tamén daquelas).
2º.- nas eleccions sindicais arrasaron por maiorías absolutas escandalosas as candidaturas da empresa que se presentaron baixo as siglas da ciga (mesmo en moitos casos encabezaban as candidaturas os directores/as dos centros)
3º.- vicepresidencia negociou as bases para acceder aos postos fixos cos comités de empresa integrados maioritariamente polos delegados da ciga que á sua vez son traballadores temporales do consorcio e suxetos directos e con intereses directísimos en que o proceso para acceder a fixos estea atado e ben atado.

pensas que os traballadores dos comités de empresa podendo negociar favoblemente aos seus intereses iban negociar unhas bases xustas para tódolos cidadáns. non home non. primeiro deus e despois o diaño.

enfín ... ide tomarllelo pelo ás focas da antártida. en canto as atopedes, dádenos unha chamada perdida ...

21 Esmendréllome

Home, tinto, cando che convén citas á UGT. Noutras, nin auga. Sodes a repera uns e outros :lol:

20 tinto

A CIG e UGT apoian o proceso de selección do consorcio.

19 anónimo

Vota Bloque, Vota Semento, rapas fai máis masa

18 eu_non_son_anxoquintanilla

pero xentiñas de deus ¿non vos ensinaron ou ainda non aprendéstedes que o CACIQUISMO, SI É NACIONALISTA, é bó para o país? pois logo, ollo ao piollo que o CACISQUISMO do BLOQUE non soio é bo senón que é boísimo: xa ten o certificado ISE do 2005/2009

je, je, je, ...