A CUT denuncia irregularidades na TVG

A CUT denuncia graves irregularidades no día de hoxe durante o proceso de revogación do Comité de empresa da TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2009 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A maioría dos traballadores presentes e os mesmos promotores da revogación, cos que o Comité de Empresa non negociou en ningún momento as condicións do proceso, decidiron non exercitar o seu dereito ao voto para non lexitimar un procedemento que consideran que vulnera moitas das garantías que a lexislación prevé para a celebración deste exercicio democrático.

Varios traballadores presentaron ante as mesas reclamacións para denunciar posibles irregularidades, como que as mesas están compostas polos propios membros do Comité de Empresa obxecto de revogación, ou a imposibilidade dos traballadores da quenda de fin de semana de exercer o seu dereito ao voto pola premura coa que o Comité convocou as asembleas, con 48 horas de antelación, nunha manobra que a CUT considera descaradamente obstrucionista.

Os empregados e empregadas da canle autonómica que promoveron o proceso revogatorio van denunciar a obstrución e as posibles irregularidades do proceso nas instancias oportunas, esixindo as responsabilidades dos diversos implicados ata as súas últimas consecuencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

17 Caci quin

Quen vos viu e quen vos ve!Antes había que erradica-la política clientelar e agora qué. Agora hai que afortalala.

16 anónimo

Pouco máis ou menos, pero así é.

15 Dandi

Tal como os explicais sólo cabe decir:
PP-BNG-PSOÉ A MESMA MERDA É.

14 anónimo

Á asemblea da mañá asistiron 40 traballadores e á da tarde 15.Hai que contrastar a información...

13 anónimo

BUENO, MENOS MAL QUE NON CHE DIN QUE ÉS DO PEPÉ CANDO LLE LEVAS A CONTRARIA, EU XA ESTÓU AFEITO