Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2025 | Actualizada ás 19:58
O festival de Bruxelas de música galega EmigraSon levará a cabo este sábado 22 de febreiro na sala A Madeleine, coa participación de Terbutaliana, Fillas de Cassandra, De Ninghures e Tanxugueiras, que actuarán ante un público de 1.200 persoas de 15 países diferentes, segundo informou o festival nun comunicado.
Este festival é organizado por un grupo de mozos galegos emigrados en Bruxelas e consolídase na súa terceira edición, como un punto de encontro da mocidade galega no estranxeiro, así como un escaparate da forza da cultura galega.
Do mesmo xeito que nas dúas primeiras edicións, o EmigraSon contará cunha programación cultural nas xornadas previas aos concertos. Desta maneira, este venres haberá unha festa tradicional en La Salle 1180 na que participará Lume de Biqueira e pecharán os Duendeneta Dilleis.
Do mesmo xeito, debido ao éxito das edicións anteriores, este ano a organización tivo que triplicar o aforamento da Madeline para unha cita que contou co apoio da Xunta de Galicia, Deleite, a Deputación de Pontevedra, a Fundación Galicia Europa, a Embaixada de España e dos eurodeputados Nicolás González Casares (PSOE), Ana Miranda (BNG) e Francisco Millán Mon (PP).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.