Galicia, a comunidade con máis autónomos que solicitaron o paro por cese de actividade

1.594 traballadores galegos por conta propia solicitaron a prestación por desemprego en 2015, o 23,9% do total no Estado e o triple que en comunidades como a catalá ou a valenciana.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 07/04/2016 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Malia que a Xunta segue recurrindo aos datos macroeconómicos para vender a recuperación, o certo é que a realidade que viven os traballadores galegos contradí a versión oficial. A situación dos autónomos galegos é un bo exemplo de que a crise non rematou. Galicia liderou en 2015 as solicitudes de prestación por cese de actividade de autónomos en España. En concreto, o 23,9% do total das presentadas en todo o Estado durante o ano 2015 para recibir a prestación por cese de actividade rexistráronse no noso país, un total de 1.594 solicitudes, das que 1.043 se resolveron favorablemente e 410 resultaron desfavorables. Das 141 restantes, 37 aínda se atopan pendentes de resolución, mentres que 104 foron desistidas. Son datos da Federación de Organizaciones de Profesionales, Autónomos y Emprendedores (OPA), tomando como base os proporcionados pola Seguridad Social.

Oficina do Servicio Público de Emprego, onde se tramitan as axudas do paro, en Pontevedra
Oficina do Servicio Público de Emprego, onde se tramitan as axudas do paro, en Pontevedra | Fonte: Adrián Estévez wikimedia

En total, 6.662 autónomos de toda España pediron a prestación por cese de actividade. Destas solicitudes, 5.098 foron reclamadas a través de mutuas colaborativas da Seguridad Social, mentres que 1.564 se presentaron no Instituto Social da Marina e Servicio Público de Empleo Estatal. E de todas elas, 2.935 foron resoltas favorablemente e 2.988 de forma desfavorable, mentres que 359 aínda están pendentes de resolverse e 380 foron desistidas. A maioría das solicitudes que foron desfavorables, en concreto 2.125, se deberon a que os autónomos non acreditaron correctamente o cese.

Tras Galicia, Andalucía situouse como a segunda autonomía con máis solicitudes de prestación por cese, cun total de 1.234. Logo, aparecen a Comunidad de Madrid, con 810, e Catalunya, con 571, e a Comunitat Valenciana, con 554. 

entre as cinco primeiras comunidades que rexistraron máis solicitudes sumaron o 71,5% do total en toda España.

O presidente nacional de OPA, Camilo Abiétar, sinalou ao respecto que malia que en decembro de 2014 se aprobou unha nova lei para acceder á prestación por cese de actividade, “da análise de OPA observamos como case a metade das solicitudes que presentaron o ano pasado os autónomos para poder cobrar o paro, en concreto o 44%, foron denegadas en primeira instancia, polo que aínda é necesario que melloren as condicións para que os traballadores por conta propia solucionen este problema”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta