Desmontando cientificamente a homeopatía

Vídeo do médico e colaborador do GC Jon Amil, autor de As MIR e unha noites.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2016 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Que vén sendo a homeopatía? Todo o mundo escoitou falar da homeopatía, ou ten un cuñado que lla recomendou porque a el lle vai moi ben, ou simplemente viu que puña "homeopatía" nunha farmacia. O caso é... alguén sabe o que realmente é a homeopatía?

O médico e blogueiro Jon Amil visita unha farmacia para preguntar que é a homeopatía.
O médico e blogueiro Jon Amil visita unha farmacia para preguntar que é a homeopatía.

O noso colaborador Jon Amil, médico e blogueiro en As MIR e unha noites, vén de publicar un vídeo divulgativo e experimental no que desmonta cientificamente os argumentos dos defensores dos remedios homeopáticos, unha "estafa" para que "as farmacéuticas se enriquezan", avisa Amil.

Para iso, fixo caso ao tan promocionado lema "en caso de dúbida, consulte co seu farmacéutico", e alá foi, a unha farmacia a preguntar. Velaquí o resultado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Doutor Ghu

Home, tampouco demostrou nada científicamente. A marxe da chorrada das porcións infinitesimais e das enerxías cósmicas, meter no corpo un patóxeno diluído é o mesmo que se fai coas vacunas, simplemente reforza a resposta do corpo e a activación da memoria inmune pero non provoca 'efecto contrario'. Nos ximnasios a xente provoca microfisuras nos músculos para que o organismo reforce os músculos. O corpo humán adaptase e responde ás condicións externas sempre, por iso ao diluir café (non tan infinitesimalmente) non vas provocar somnolencia, pero sí podes provocar tolerancia ou inmunidade á cafeína e nuns meses poder tomar café pola noite sen provocar excitación nerviosa. Parabéns pola iniciativa.

1 Doutor Ghaus

O que di o vídeo é que ao diluír tantas veces non resta ningunha molécula de substancia no remedio, polo cal non hai patóxeno ningún que se meta no corpo e active a inmunidade. Nas vacinas, pola contra, meten cantidades detectables de virus inactivos, virus atenuados ou proteínas víricas que si activan a inmunidade, como está estudado e demostrado tanto científica como epidemioloxicamente. E por último, no que falas do café, estás a confundir inmunidade (creación linfocitos T de memoria contra un determinado patóxeno) coa tolerancia (perda de sensibilidade a unha determinada substancia polo seu uso continuado). E, en calquera caso, a tolerancia acontécelle a alguén que bebe café todos os días, non a alguén que tome unha dilución de café, menos aínda se é unha dilución infinitesimal como a usada na homeopatía. E parabéns ao Galicia Confidencial pola divulgación científica! Moita falta fai desmontar estas estafas!

2 Isolde

Onde se pode comprar esse sonífero? XD Excelente vídeo!

1 Ghalopín

Divulgación científica no GC, parabéns! Afeito a ler por aquí unha chea de parvadas 'bio' anticientíficas, o cambio resulta interesante.