Temas: MANUEL RIVAS

Estes son os candidatos a mellores libros galegos do ano

Trátase da primeira vez que o sector literario galego unifica os seus premios, pois antes había diversos galardóns convocados por escritores, libreiros, etc.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/04/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia convocan os Premios Gala do Libro Galego 2016, a celebrar o sábado 14 de maio de 2016 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, na que se darán a coñecer as obras gañadoras.

Manolo Rivas lendo o manifesto da manifestación contra a mina de Corcoesto en Carballo
Manolo Rivas lendo o manifesto da manifestación contra a mina de Corcoesto en Carballo | Fonte: Salvemos Cabana

Os organizadores din que con esta convocatoria preténdese recoñecer "a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia". 

As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de obras finalistas conformada polas bases asociativas das tres entidades convocantes.

A Gala do Libro Galego 2016 conta co apoio do Concello de Santiago, Consellaría de Cultura, Deputación da Coruña, Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e AGADIC.

Obras finalistas do Premios Gala do Libro Galego 2016

Ensaio

  • Carlos Maside. Correspondencia [1928-1958]. Cartas inéditas e dispersas, María Esther Rodríguez Losada (comp.) e Anxo Tarrío Varela (edic.). Alvarellos-Consorcio de Santiago.
  • Historia da literatura infantil e xuvenil galega, Blanca-Ana Roig (coordinadora). Xerais.
  • No tempo de Follas Novas: unha viaxe pola literatura universal, María Pilar García Negro (edit.). Alvarellos Editora.
  • Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas, VV. AA. Apiario.

Narrativa

  • Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello. Galaxia.
  • Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo. Xerais.
  • Izan o da saca, de Xabier Quiroga. Xerais.
  • …E os domingos, un croissant, de Ursula Heinze. Alvarellos.
  • O último día de Terranova, de Manuel Rivas. Xerais.

Literatura infantil e xuvenil

  • O home que sabía voar, de Xabier López López (ilustracións de Jacobo Muñiz). Tambre.
  • O meu pesadelo favorito, de María Solar (ilustracións de María Lires). Galaxia.
  • Teño uns pés perfectos, de María Solar. Kalandraka.
  • Todos os soños, de Xavier Estévez (ilustracións de Marcos Viso). Tambre.

Libro ilustrado

  • Balea, de Federico Fernández e Germán González. Kalandraka.
  • Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky, de Xosé Cobas (texto de José Antonio Abad Varela). Kalandraka.
  • Lendo lendas, digo versos, de Xosé Cobas (texto de Antonio G. Teijeiro e A. Reigosa). Xerais.
  • O home que sabía voar, de Jacobo Muñiz (texto de Xabier López López). Tambre.

Iniciativa bibliográfica

  • Cociña II, de André Arzúa, (fotografía e deseño de Alberte Sánchez Regueiro). Servizos Hosteleiros Arzúa S.L.
  • Lendo lendas, digo versos, de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa (ilustracións de Xosé Cobas). Xerais.

Tradución

  • A utilidade do inútil, de Nuccio Ordine, tradución de Carlos Acevedo, Faktoría K.
  • Astérix. O papiro do César, de René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de Xavier Senín e Isabel Soto), Xerais.
  • Aventuras de Alicia no País das Marabillas (Lewis Carroll), en tradución de Xavier Queipo. El Patito Editorial.
  • Mocidade (Joseph Conrad), en tradución de Alejandro Tobar. Hugin e Munin.

Poesía

  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Suso Díaz e Helena Villar Janeiro (coords.). Biblos Clube de Lectores.
  • A boca da terra, de Manuel Rivas. Xerais.
  • Abrindo fiestras en carne viva, de Carlos López. Alvarellos.
  • Dez anos na porta. Antoloxía poética 2005-2015, VV. AA. (A Porta Verde do Sétimo Andar). A Porta Verde do Sétimo Andar.
  • oso, mamá, si?, de María Lado. Xerais.
  • Zonas de tránsito, de Ramón Neto. Sotelo Blanco.

Teatro

  • Raclette, de Santiago Cortegoso. Xerais
  • Ela, piedade dos suicidas, de Xavier Lama. Baía Edicións
  • Xogando con gatos, de Antón Cortizas. Xerais
  • Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

Culturgal.

  • Espazo Lectura (Gondomar).
  • Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
  • Praza das Letras – Concello de Carballo.

Proxecto literario na rede

Xornalismo Cultural

 

  • Diario Cultural.
  • Montse Dopico.
  • Sermos Galiza.

Temas: MANUEL RIVAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta