Temas: FUXIDAS

Mondoñedo volverá ser a capital da poesía galega

Darío Xohán Cabana, Antonio García Teijeiro, María Lado, Lucía Aldao, Martiño Maseda, Mª José Fernández, Mateo Buján, Raúl Costas, Antía Juncal e Xosé Artiaga son algúns dos autores que participarán no festival de poesía que forma parte das festas das Quendas.

Por GC Tendencias | Mondoñedo | 19/04/2016 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

As tradicionais festas das Quendas de Mondoñedo inclúen no seu programa de novo o festival “Mondoñedo é poesía 2016” . As Festas das Quendas celébranse desde 1541 -hai polo tanto 475 anos-  na cidade luguesa que presume de ser a capital galega da poesía.

Darío Xohan Cabana, escritor e académico
Darío Xohan Cabana, escritor e académico | Fonte: Xerais

Nesta terceira edición do evento poético convoca, como nas anteriores, a numerosos autores e autoras (escritores, músicos, debuxantes, libreiros, críticos …) que en  diferentes rúas, prazas e espazos culturais da cidade de Mondoñedo ofrecerán as súas creacións ao longo das xornadas 30 de abril e 1 de maio.

Ademais, “Mondoñedo é poesía 2016” incrementa nesta edición as actividades complementarias, nesta ocasión coa celebración dunha Expo-libro, exposicións, obradoiros .. que culminarán o domingo, 1 de maio, cun recital poético-musical.

Velaquí o programa completo do evento:

OBRADOIRO DE REGUEIFAS, a cargo de Josiño da Teixeira. En colaboración coa Tradescola de Lugo.

Cartel da Festa das Quendas 2016
Cartel da Festa das Quendas 2016

O luns, 25 de abril desenvolveranse dúas sesións, unha no IES “San Rosendo” e outra no CEIP “Álvaro Cunqueiro”

DEBUXANDO MONDOÑEDO (SKETCHCRAWL GALICIA, 2ª edición). Sábado, 30 de abril (de 11:00 a 19.00 h.)

Debuxantes e pintores cítanse nunha quedada en Mondoñedo. Percorreran as rúas tomando apuntes da cidade e das xentes ao vivo e que se difundirán a través das redes sociais. Ás 19:00 h. debuxantes  escritores reuniranse na Escola da Música para unha posta en común das diferentes experiencias.

Lugar de cita ás 11:00 h. na Praza da Catedral.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “Mondoñedo sentimental (Vidas e paisaxes)”. 

Fotografías evocadoras do pasado mindoniense.

Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)

EXPO-LIBRO MONDOÑEDO

Feira de libros. Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, na Praza Jaime Cabot (de 11:00 a 14.00 h. e de 16:00 a 20:30 h.)

No marco da Expo-Libro terán lugar numerosas presentacións de libros que comezarán o sábado cun pregón homenaxe á imprenta, a cargo de Antonio Reigosa.

A xornada do sábado dedicarase á presentación de títulos e autores mindonienses e mariñaos (Armando Requeixo, Maka Ledo, Pepe Peinó, Rita Morrigán, José Díaz, Paco Rivas, E. Cal Pardo, X. Ramón Fernández Pacios, Andrés García Doural e Isidro Fernández Villalba) e a do domingo a novidades 2016 coa presentación de títulos do colectivo “O sétimo andar da porta verde” con Mª José Fernández, Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro, Mª Xosé Lamas, Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa.

TENDAL DE POESÍA  no Auditorio “Pascual Veiga”.

Instalación de traballos con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses.

Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)

MONDOÑEDO É POESÍA 2016

Domingo, 1 de maio

Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios: 

18:00 h.: Praza da Catedral, 18:30 h.: Praza da Concello e 19:00 h.: Praza Jaime Cabot.

Interveñen: Margarita Bermúdez, Mateo Buján, Martiño Maseda, Moncho García, Mª José Fernández, Raúl Costas, Xosé Ruíz Leivas, Antía Juncal e Coro “Mestre Pacheco”.

No Auditorio Municipal “Pascual Veiga"

De 20:00 a 21.30 h.- Recital “Mondoñedo é poesía” no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Interveñen músicos (César Morán, Carmen Rodríguez Lage e Coro “Mestre Pacheco”), e poetas (Darío Xohán Cabana, Antonio García Teijeiro, María Lado, Lucía Aldao, Martiño Maseda, Mª José Fernández, Mateo Buján, Raúl Costas, Antía Juncal e Xosé Artiaga). 

Colofón: Homenaxe a Manuel Fernández de Castro, bispo de Mondoeñdo entre 1890 e 1905, e figura do rexurdimento da llingua asturiana ao cumprírense 110 anos do seu pasamento. Este acto contará co intervención do académico da Academia  de la LLingu Asturiana. Xosé Ramón Iglesias Cueva.

María Lado e Lucía Aldao
María Lado e Lucía Aldao | Fonte: AELG
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta