O despoboamento galego a través da ollada dun fotógrafo italiano

O artista Matteo Bertolino inaugura unha mostra sobre o despoboamento na provincia de Ourense.

Por GC Tendencias | Compostela | 25/04/2016 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O despoboamento en Galicia xa é unha realidade desde hai anos. Unha dura realidade que provoca que artistas doutros países tenten plasmala de distintas formas, sexa en forma de relatos, de poemas ou de imaxes. Desta volta é o fotógrafo internacional Matteo Bertolino o que decidíu facelo a través dunha exposición fotográfica.

Imaxe da exposición de Matteo Bertolino sobre o despoboamento en Galicia
Imaxe da exposición de Matteo Bertolino sobre o despoboamento en Galicia

A mostra, que se inaugura o próximo 30 de Abril en Santiago de Compostela baixo o nome de “Morte Terra”, é unha proposta coa que pretende contribuír á reflexión sobre o proceso de despoboamento en Galicia.

O autor, italiano afincado en Galicia, céntrase na realidade do despoboamento na provincia de Ourense, paradigma do fenómeno. A través da súa mirada “de estranxeiro nestas terras” analiza a dualidade galega e fixa a súa atención no que ocorre na parte oriental da comunidade en termos demográficos, sociais e territoriais.

A exposición está organizada polo proxecto europeo campUSCulturae e cofinanciado pola Universidade de Santiago de Compostela e pola EACEA Culture Agency. Estará no Claustro do Colexio de Fonseca, onde poderá visitarse até finais de Xuño. Con este traballo, situado entre os xéneros da fotografía documental e de autor, Bertolino presenta un avance dun proxecto de longo prazo actualmente en curso que pretende terminar coa publicación dun fotolibro.

Bertolino naceu en Turín (Italia, 1977) pero vive actualmente en Santiago de Compostela, aínda que desenvolveu a súa actividade profesional ao longo de catro continentes, en varios sectores. Publicou e realizou traballos, como fotógrafo, para unha gran cantidade de medios e organismos, públicos e privados, como A Repubblica, Progreso Fotográfico, Bolivian Express, Shoot4Change, Missioni Consolata, Reportageonline, Tempo, Talentphoto, Il Giornale, Reportage, Promove (Galicia) ou a embaixada de Italia no Salvador. Ademais, foi galardoado na edición de 2011 dos Humanity Photo Awards (HPA-UNESCO). 

A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova
A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova | Fonte: Matteo Bertolino
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta