Temas: BNG ELECCIóNS

Carme Adán renuncia a ser a nº1 do BNG en Pontevedra

O Bloque terá que reordenar polo menos unha das súas listas para a repetición das eleccións xerais. A deputada Carme Adán confimou este mércores que non quere encabezar a candidatura do BNG por Pontevedra. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/05/2016 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A política alega motivos de "coherencia" para explicar a súa decisión. Adán foi unha das ponentes das propostas críticas que fracasaron na última asemblea da fronte. Ela e outros persoeiros apostaban por explorar a converxencia coas mareas, algo que a UPG e o MGS (os dous partidos máis numerosos no Bloque) rexeitaron.

Carme Adán nunha intervención na Cámara
Carme Adán nunha intervención na Cámara | Fonte: BNG

O BNG non se presentou coas súas siglas o 20D. Fíxoo como parte da coalición Nós, pero todos os cabeza de lista eran militantes do Bloque. Está por ver se o resto de números 1 quere repetir o 26J e se o Bloque está interesado en repetir coalición con outras forzas galegas moi pequenas: Terra Galega, FOGA, etc.

Ana Pontón, voceira do Bloque, mostrouse polo de agora a prol de deixar aberta a porta a que os números 1 repitan. A líder nacionalista tamén se mostrou a prol dos pactos, pero sempre matendo a marca do BNG na papeleta. 

Velaquí o vídeo de Adán durante o seu anuncio en rolda de prensa no Parlamento de Santiago

Temas: BNG ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 Ana

No problem! Outra cabeza-de-lista para a UPG! Outro trompazo ainda maior! Poden colocar un títere (como foi o Beiras no seu momento, algo que esquecen os que idolatran o vello), ou asumir a derrota unha das mantidas: que tal Carme Da Silva? Que non todo vai ser vivir do aparato como deputada e logo concelleira vitalicia a sombra do eterno Lores, hai que sacrificarse dando a cara!

2 Comunista

Pero existe o BnG?

1 Pazo con criados

E que se negan a disolverse que malos son. Cando baixe Podemos vos cambiades de partido outra vez e xa está

1 Galego-Filipino

Catro gatos e andan a hostias, estes son os que dan leccións de "galegos" ós demáis.