“Xa estamos a par e no futuro pagaremos menos ca en Fenosa ou Iberdrola”

Juan Pablo Álvarez Fernández, politólogo nacido en Vilagarcía de Arousa hai 34 anos, é o presidente de Nosa Enerxía. Trátase unha cooperativa galega que leva dende 2014 comercializando electricidade dun xeito diferente ás grandes operadoras. Entre outras avantaxas, permite aos consumidores ser copropietarios da empresa e asegura que toda a enerxía que consumimos procede de fontes verdes. Nesta entrevista debullamos este innovador modelo de negocio e as claves do sector enerxéticos.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 07/05/2016 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Pablo Álvarez, presidente de Nosa Enerxía
Pablo Álvarez, presidente de Nosa Enerxía

Cal é o modelo de negocio das cooperativas de enerxía que están a agromar no Estado? 

O modelo de negocio sería o de ser unha comercializadora eléctrica pero que englobaría outros aspectos no seu modelo de negocio con  vencellos a un novo modelo enerxético como pode ser a xeración de enerxía renovable.

En que se diferencia, por exemplo, contratarlle a luz a Nosa Enerxía no lugar de a Gas Natural Fenosa?

A diferencia fundamental radica no modelo.Nosa Enerxia S.C.G. aposta por un novo modelo enerxético onde o socio sexa copropietario da súa propia compañía enerxética e sexa soberano nas decisión sobre enerxía.Este novo modelo enerxético aposta por cambiar o modelo actual e propoñer un novo modelo baseado no consumo e xeración de enerxía renovables e facer efectivo un mundo vinculado a este tipo de enerxías e afastarse de enerxías non renovables e máis perxudiciais para o noso entorno como o petróleo ou a nuclear e sempre co obxectivo de conseguir aforrar e ser máis sostible e máis barato co modelo vixente que represente Gas Natural Fenosa.

Promotores de Nosa Enerxía
Promotores de Nosa Enerxía

Unha das avantaxas que ofrecen cooperativas como Nosa Enerxía é comercializar 100% enerxía verde. Pero como poden garantir aos seus socios que a súa luz ven -por exemplo- dun parque eólico e non dunha central nuclear?

Contamos co certificado de orixe da enerxía renovable. Cando se merca  enerxía faise só cos produtores que nos certifiquen esa orixe renovable da enerxía para as persoas socias da cooperativa. Si a cooperativa consume 10 megawatios (MW) nun día pois imos adquirir esa enerxía dun produtor de enerxía renovable que nos certifique esa produción de 10MW de enerxia renovable.

Que lle diría as persoas que non planean se quera en contactar cunha cooperativa pequena como a súa pensando que -debido ao seu tamaño- nunca lle vai poder facer unha oferta económicamente mellor ca un xigante como, por exemplo, Iberdrola?

As persoas somos fillas do noso tempo e polo tanto temos o concepto de entender a enerxía co modelo vixente. Onde ós nos deixan unha marxe de aforro vencellada aos céntimos por Kilowatio e de aí xa non pasamos. O modelo que propón Nosa Enerxía S.C.G. está nos seus inicios e de momento xa estamos a par das comercializadoras coa comercialización de enerxía renovable, pero cando desenrolemos todo o potencial do proxecto de Nosa Enerxia S.C.G. o socio vai aforrar máis que calquera persoa que estea nunha comercializadora tipo Iberdrola, Gas Natural Fenosa ou máis pequena.

Un debate político que leva anos en Galicia -que se abordou por exemplo nas xornadas que o grupo parlamentar europeo de Alternativa Galega de Esquerdas organizaou na Estrada- é sobre os galegos, por ser o país en teoría exportador de enerxía, deberiamos ter unha tarifa máis barata que noutras zonas do Estado ...

Dende Nosa Enerxia S.C.G. aspiramos a que a persoa socia poida ter acceso a enerxía ao prezo máis baixo posible, co novo modelo enerxético sería posible ter enerxía máis barata en todas partes non so en Galicia , senón noutros territorios da península.

Pero cal é a súa opinión ao respecto?

Este debate quedaría confrontado coa seguinte hipótese: Apostar por unha regulación dominada polo oligopolio enerxético que pertence o modelo actual (onde teríamos o asunto da tarifa enerxética máis barata) ou apostar por un modelo onde a cidadanía é copropietaria da súa propia compañía enerxética e da produción enerxética, mediante opcións co autoconsumo o cidadán pode abaratar a enerxía sen estar dependendo da regulación da administración.

Que cambios legais cre que son necesarios para favorecer que agromen cooperativas como Nosa Enerxía? Xogan vostedes, a nivel legal, nun campo con igualdade de oportunidades respecto as grandes corporacións?

Máis que falar de cambios legais os que o final témonos que adaptar e que sempre se poden mellorar. O máis importante é o cambio de mentalidade na xente. A sociedade galega teria que ser máis proactiva para levar adiante este tipo de iniciativas pois empoderamos a sociedade e creamos proxectos que son precisos para o noso futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Santiso

Non sei. Ninguén leva gravata nin traxe. Non se asemelha a un conselho de administración. Non hai ningún só na tribuna dando unha conferencia e con dados nunha pantalha de 200 pulgadas dando información e con moitos efectos especiais como na discoteca. Non hai traductores ao inglés. Non sei, dame que non vai ir moi ben. Poida ser que algo fagan. Á xente normal non lhe gosta que vaiades vestidos como eles. Queren que vaiades sendo superiores. Non hai máis que ver os resultados electorais. Vexo que non entendedes ben as cousas. Augúrobos pouco apoio. A non ser que contedes con todos os que non tenhen cartos. E isos non soen ser rendíbeis. Dílho ás forzas electorais.

1 Ana

Gustariame que os concellos con gobernos das mareas ou gobernos nacionalistas apoiasen iniciativas coma esta, por exemplo, contratandolles a electricidade. O "cambio" non pode ser so unha palabra, hai que demotralo con feitos e apostar por apoiar cooperativas galegas, impulsar unha banca publica galega, fomentar o consumo de productos galegos, introducir a lingua galega nas empresas e administración, impulsar o retorno de talento galego emigrado, etc.