O PPdeG destaca que a nova lei de cooperativas favorecerá a modernización do sector

As deputadas populares remarcan o papel das cooperativas na economía galega durante unha visita a Xinzo de Limia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2025 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

As deputadas do Grupo Popular Noelia Pérez e Cristina Campero destacaron este domingo que a futura lei galega de cooperativas representará un impulso á profesionalización e ao desenvolvemento económico do sector. Así o manifestaron durante unha visita á Sociedade Cooperativa de Explotación Comunitaria Antelana, situada no concello ourensán de Xinzo de Limia.

As deputadas do Grupo Popular Noelia Pérez e Cristina Campero
As deputadas do Grupo Popular Noelia Pérez e Cristina Campero | Fonte: PPdeG

Segundo subliñaron as parlamentarias, esta normativa, aínda en elaboración, chega nun contexto favorable, coincidindo coa celebración do Ano Internacional das Cooperativas, o que consideran "o mellor momento para avanzar cara ao fortalecemento dunha fórmula empresarial que é clave na estrutura produtiva de Galicia".

Desde o Grupo Popular lembraron que en Galicia existen actualmente máis de 2.000 cooperativas, que xeran un volume de facturación superior aos 3.500 millóns de euros e un impacto social estimado en 850 millóns anuais. Nese sentido, Pérez e Campero insistiron na necesidade de fomentar o cooperativismo como unha fórmula democrática, redistributiva e socialmente sostible, con especial atención á promoción e información por parte dos axentes intermedios.

As representantes do PPdeG aproveitaron tamén para cuestionar a postura do BNG, ao que acusaron de "incongruente" por votar en contra, segundo explican, dunha emenda sobre cooperativas durante o debate do estado da autonomía que días despois respaldaron nunha comisión parlamentaria.

"Non é coherente rexeitar unha proposta que cinco días despois aceptas co mesmo contido", sinalaron as deputadas populares, reclamando un apoio estable e claro ao cooperativismo galego por parte de todos os grupos.

A nova lei, segundo fontes do PP, buscará adaptarse ás novas realidades do sector, incorporando medidas que favorezan a creación de emprego, a innovación no rural e a consolidación de proxectos cooperativos con vocación de permanencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta