Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2025 | Actualizada ás 16:37
A deputada do PSdeG Carmen Rodríguez Dacosta pediu que se convoque o Consello Autonómico de Emprego e os respectivos provinciais, ao que o conselleiro do ramo, José González, respondeu que o diálogo é "fluído" no de Relacións Laborais. "Eu falo de allos e vostede contéstame falando de patacas", resumiu a socialista, na réplica da súa interpelación no pleno do Parlamento.
Así, considerou a información "unha decepción", ao estar "a falar de cousas distintas", e despois de pedir á Xunta que "cumpra" coa transparencia e non "impida" o "preceptivo control" de fondos. O conselleiro, pola súa banda, díxolle "que as árbores non lle impidan ver o bosque" e reivindicou a relación "fluída" coas organizacións no Consello Galego de Relacións Laborais.
Ademais, recriminoulle "vir dicir que todo está mal" no mercado laboral galego nunha semana na que foron publicado os datos do paro. "Estamos satisfeitos? Non. Os datos son bos? Si", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.