Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2025 | Actualizada ás 19:46
O suceso empezou cando o martes día seis tiñan que voar desde Bangkok (Tailandia) a Madrid facendo escala en Jeddah. O voo desde Tailandia atrasouse ás seis da mañá, por este motivo os españois perdían o enlace para Madrid que saía desde Jeddah.
En Bangkok explicáronlles que non poderían voar até Jeddah e foron enviados a un hotel dous días e mentres, foron reubicados noutro voo para o día oito de maio.
O día oito de maio de madrugada voaron con cinco horas de atraso, por tanto tamén perderían o enlace con Madrid. Aínda así, as autoridades do aeroporto de Bangkok dixeron que subisen ao avión asegurando que cando chegasen a Jeddah habería outro avión esperando por eles para levalos a Madrid.
Cando chegaron ao aeroporto de Arabia Saudí o voo cara Madrid xa saíra e alí mesmo lles dixeron que non había outro avión até o sábado día 10 de maio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.