Madeira das terras do BANTEGAL acaba en mans de "edís e irmáns de edís do PP"

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu o venres do "estado de abandono" que rexistran as terras entregadas ao Banco de Terras, organismo da Xunta encargado da súa custodia mentres non atopan un novo propietario.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/05/2016 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

García advertiu que a obriga do Bantegal inclúe a limpeza e mantemento das parcelas que manteñen ata que son designadas para un uso alternativo. Sinala que mentres os particulares teñen que afrontar por Lei o mantemento das súas parcelas, o Bantegal declina a súa obriga, provocando un perigo importante para tódolos propietarios.

Miguel Pérez Dubois, director de Desenvolvemento Rural
Miguel Pérez Dubois, director de Desenvolvemento Rural | Fonte: www.campogalego.com

Ademais, denunciou o presunto trato de favor dos recursos destas parcelas, que “curiosamente os que acaban comprando a madeira son concelleiros ou irmáns de concelleiros do PP”, unha situación que se está a rexistrar de forma “reiterada”.

Advertiu que “pode ser que o PP estea moi introducido no mundo dos aserradoiros”, pero ironizou coa pouca capacidade que ten a competencia para “decatarse das ofertas para a retirada a madeira”.

Lamentou que o Director Xeral da Consellería de Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, non foi quen de clarexar como se levaba a cabo a venta de dita madeira, nin cal era o procedemento que se seguía, incluso diante de casos concretos que o Portavoz Socialista enumerou na comisión de parcelas concretas pertencentes nos concellos de Agolada ou O Pino.

O Portavoz socialista ironizou sobre este particular manifestando que “ben seguro que existe un procedemento encamiñado en que dita madeira acabe en mans de concelleiros ou parentes de concelleiros”. Anunciou que o Grupo Socialista pedirá por escrito os datos dos recursos obtidos pola Xunta de Galicia pola venda desta madeira e as empresas que a compraron nos últimos 7 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta