Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/02/2009 | Actualizada ás 00:53
Trátase como é sabido dun problema que a nosa sociedade arrasta desde hai moito tempo e que nos últimos anos adquiriu proporcións que dificilmente pode admitir unha sociedade que se reclama democrática.
Co seu lema, Se resides, decides, a plataforma deixa claro que entende que o voto há de ser un dereito de residencia, non de sangue e, nese sentido, traballará para que o exercicio dese dereito sexa recoñecido de maneira efectiva a todas as persoas que residen de forma estábel e permanente na nosa comunidade. Traballará asi mesmo para que os dereitos que se recoñezan ás persoas de orixe galega que residen de maneira permanente no estranxeiro se regulen de acordo con esa situación.
A plataforma prevé desenvolver a sua campaña en duas fases ben diferenciadas.
Na primeira, que culminará o 1º de Marzo, dirixirase a todos os partidos e coalicións que presentan candidatura a estas eleccións para os instar a adquiriren o compromiso público e firme de iniciar, inmediatamente a seguir a constitución do próximo Parlamento Galego, todas as xestións que estean ao seu alcance (tanto no ámbito autonómico como no estatal) para que a LOREG de 1985 sexa imediatamente derrogada.
Na segunda, a plataforma traballará para que a nova lei contemple as súas reivindicacións, que cré son compartidas pola esmagadora maioiria da sociedade galega. Nesa perspectiva, actuará perante os poderes públicos e realizará unha ampla campaña de sensiblización social.
En breve, a plataforma dará a coñecer o enderezo da sua páxina web, que estará aberta a todas aquelas persoas e colectivos que queiran prestar o seu apoio á iniciativa.
Compostela, 14 de Febreiro de 2009
Asinan:
Avelino Pousa Antelo - Presidente da Fundación Castelao
Víctor Moro - Economista
Fernando Martínez Randulfe - Avogado
Quico Cadaval - Director de teatro
Afonso Eiré - Escritor e xornalista
Miguel Barros - Presidente de Promocións Culturais Galegas
José António Redondo López - Profesor
Luís Caramés - Profesor
Ugia Pedreira - Música
Uxia Senlle - Cantante e compositora
Xurxo Lobato - Fotógrafo
Eias Torres Feijó - Vicerreitor (USC)
Margarita Ledo Andión - Profesora
Antón Reixa - Director e produtor de cinema
Xesus Seixo - Secretario Xeral da CIG
Luís Gonçalez Blasco - Professor
José Alberto Garcia Suarez - Professor
Rosa Verdugo Matês - Professora
Elvira Souto - Professora
Ramom L. Suevos - Professor
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.