Baixa un 15% a creación de empresas en marzo en Galicia

É unha das baixadas máis acusadas do Estado.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/05/2025 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

Galicia situouse en marzo deste ano como unha das sete comunidades autónomas que presentaron descensos interanuais na constitución de sociedades mercantís, cunha diminución do 15,1% en taxa interanual, segundo datos difundidos este luns polo Instituto Nacional de Estatística.

A marzo, foron un total de 361 as sociedades contituidas e 108 as disoltas. En relación ás primeiras, 161 foron na Coruña; 139 en Pontevedra; 37 en Lugo e en Ourense, 24. Mentres as disoltas foron 42 na provincia coruñesa; en Lugo, 26; en Pontevedra, 33 e en Ourense, un total de sete.

A nivel estatal, o número de novas sociedades mercantís baixou un 0,8% en marzo respecto ao mesmo mes de 2024, ata sumar un total de 10.596 empresas, o seu menor cifra nun mes de marzo desde 2020.

Mapa con creación de empresas por comunidades autónomas
Mapa con creación de empresas por comunidades autónomas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta