Un choque entre un guindastre e un furgón deixa un ferido na AG-64, nas Pontes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2025 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Un condutor resultou ferido este martes tras verse implicado nun accidente entre un furgón e un vehículo guindastre ocorrido na AG-64, á altura do municipio das Pontes, segundo informaron o CIAE 112 Galicia e o Consorcio Provincial Contraincendios e de Salvamento.

O sinistro ocorreu sobre as 6,30 horas da mañá, no punto quilométrico 27, á altura de Espiñaredo, en dirección Ferrol, e foi o condutor do guindastre o que contactou con Emerxencias para informar de que tivera un accidente, unha colisión por alcance, no que estaba tamén implicado un furgón.

Ao principio parecía que o condutor do furgón quedara atrapado, aínda que finalmente puido saír do vehículo polo seu propio pé e foi evacuado en ambulancia a un centro sanitario. No operativo participaron, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os efectivos do bombeiros do Parque do Eume, que se encargaron da limpeza da vía; axentes da Garda Civil e de Policía Local das Pontes; membros de Protección Civil; e os servizos de mantemento da vía.

INCENDIO NUN ALPENDRE EN NOIA

Por outra banda, o Consorcio Contraincendios informou tamén da súa intervención nun incendio rexistrado na madrugada deste martes no municipio de Noia.

Colisión por alcance entre un vehículo guindastre e un furgón na AG-64, nas Pontes
Colisión por alcance entre un vehículo guindastre e un furgón na AG-64, nas Pontes | Fonte: CONSORCIO CONTRAINCENDIOS E DE SALVAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta