Por Galicia Confidencial | Bertamiráns | 16/05/2016 | Actualizada ás 16:00
O punto final foi a competición da categoría alevín que deparou unha final que se decantou polo equipo “5 Estrellas” de Bertamiráns, quedando segundo o “Santiago Futsal-Pablo Mel”. O sábado, na categoría benxamín se proclamou campión o conxunto do “Bertamiráns FS”, que se impuso ao “Futbolísimos” na final.
En idade prebenxamín, a victoria foi para o “Compañía de María”, sendo o “Leis Pontevedra” o subcampión. A entrega de premios, correu a cargo de Julio Masid, director de Viaqua, Marta Lois, concelleira de Igualdade de Ames, e Ramón García, presidente do Santiago Futsal.
Máis aló dos resultados, os organizadores sinalan que “o torneo volveu destacar pola súa clara aposta por promover o deporte e o fútbol sala de base e o compromiso co medio ambiente.” Ademais do torneo houbo outras actividades complementarias de ocio e xogos, como as programadas por Viaqua -a concesionario local do servizo de augas- para que “os máis pequenos coñeceran de xeito divertido a auga, o seu coidado e a protección do medio ambiente”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.