Este venres pecha o prazo para candidaturas aos Premios PEL da Deputación da Coruña

Os mesmos buscan recoñecer o talento, esforzo e implicación das empresas, emprendedores e autónomos na creación de emprego e no desenvolvemento económico da provincia da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/05/2025 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia



O prazo de presentación de candidaturas aos Premios PEL da Deputación da Coruña ás mellores empresas da provincia conclúe este venres, segundo informa o organismo provincial.

As empresas gañadoras, no marco dunha iniciativa que busca apoiar ao tecido empresarial, recibirán 75.000 euros en premios, 20.000 en cada unha do tres categorías, e tres accésits de 5.000 euros.

Os mesmos buscan recoñecer o talento, esforzo e implicación das empresas, emprendedores e autónomos na creación de emprego e no desenvolvemento económico da provincia da Coruña.

Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña recollerá este mércores, na sede da institución provincial de Córdoba, o XIII Premio Progreso, outorgado pola Federación Andaluza de Municipios e Provincias (FAMP), a Fundación para o Desenvolvemento dos Pobos de Andalucía (FUDEPA) e o Fondo Andaluz de Municipios para a Solidariedade Internacional (FAMSI).

Será polo seu proxecto innovador da Rede Provincial de Espazos de Coworking, desenvolvido ao amparo do Plan Local de Emprego (PEL), explica a institución provincial.

GALARDÓNS CULTURAIS

Xa no ámbito cultural, o organismo provincial coruñés premia a catro estuidantes da provincia no concurso de microrrelatos para mozos.

Os gañadores foron Iñaki Botarche,do CPR Salesianos San Juan Bosco da Coruña; Iago Maseda, do CPR Plurilingüe Cristo Rei de Oleiros; Sofía Cao, do CPR La Salle de Santiago de Compostela e María Tubio, do centro FESAN de Santiago.

Plan de contratación da Deputación da Coruña / DEPUTACIÓN DA CORUÑA / Europa Press
Plan de contratación da Deputación da Coruña / DEPUTACIÓN DA CORUÑA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta