Aprobado o real decreto polo que Galicia recibirá as competencias en material de litoral

Previsiblemente a transferencia será efectiva o 1 de xullo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2025 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia



O Consello de Ministros aprobou este martes o real de creto de transferencia das competencias sobre o litoral a Galicia, que previsiblemente asumirá de maneira efectiva o 1 de xullo, unha vez se publique nos boletíns oficiais autonómico e estatal.

O Executivo que dirixe Alfonso Rueda pasará así a ter o control sobre autorizacións e concesións da comunidade de España con máis quilómetros de costa: máis de 2.500 nos que se asintan máis de 4.000 edificacións de todo tipo, incluídas máis de cen empresas do complexo mar-industria, que a Xunta ve "esenciais" para a economía galega.

Do alcance deste paso histórico --trátase do primeiro traspaso á comunidade tras case 17 anos, xa que o último data do bipartito de PSdeG e BNG que dirixiu a Xunta de 2005 a 2009-- xa informaron nunha comparecencia conxunta a comezos de abril o ministro de Política Territorial, Anxo Víctor Torres, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Entre as competencias transferidas, segundo figura no decreto aprobado este martes en Consello de Ministros, atópanse as autorizacións de usos de tempada en praias e no mar territorial, as autorizacións en zonas de servidume de tránsito e acceso ao mar ou a vixilancia, así como a tramitación e imposición de sancións.

Pero hai decisións que seguirá tomando o Estado. En concreto, dentro das funcións e servizos que se reserva o Goberno estatal atópanse a de fixar o importe dos canons pola utilización do dominio público marítimo-terrestre; ou o rescate das concesións demaniales cando o esixa unha razón de interese xeral vinculada ao seu ámbito.

Tamén a potestade sancionadora derivada das súas competencias, e que non se refiran a as infraccións por incumprimento que lle corresponda a Galicia.

O real decreto tamén establece unha serie formas de cooperación entre as dúas administracións en materia de construcións ou modificacións de portos e vías de transporte; sobre os informes que deben emitirse desde o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico sobre os plans e normas de ordenación do litoral; ou en materia de obras de interese xeral.

Así mesmo, o texto contempla formas de cooperación --a través dunha comisión nde seguimento, convenios e intercambios de datos-- para o exercicio de funcións concorrentes, no relativo á construción de novos portos e vías de transporte, cumprimento do réxime xeral do dominio público marítimo-terrestre, exercicio das potestades sancionadoras das respectivas administracións e investimentos en obras de interese xeral.

En canto aos medios patrimoniais e persoais que se transfiren á Xunta, están 11 vehículos, 36 postos de traballo --ocupados e vacantes--: 17 de persoal funcionario e 19 de laborais.

Arquivo - Praia de Doñinos, a 20 de outubro de 2023, en Ferrol, A Coruña, Galicia (España). A Xunta activou para hoxe a alerta vermella por temporal costeiro no litoral Norte e Noroeste da provincia da Coruña, incluíndo a cidade, e na costa l. Raúl Lomba - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Praia de Doñinos, a 20 de outubro de 2023, en Ferrol, A Coruña, Galicia (España). A Xunta activou para hoxe a alerta vermella por temporal costeiro no litoral Norte e Noroeste da provincia da Coruña, incluíndo a cidade, e na costa l. Raúl Lomba - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta