Morre o xornalista Manuel torreiglesias, mítico presentador de Saber Vivir de TVE

Por Galicia Confidencial | Pontedeume | 19/05/2025 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Precisamente, Torreiglesias era natural desta vila coruñesa na que naceu hai 84 anos. Estudou para mestre e logo licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca. Mudouse a vivir a Madrid e en 1964 entra a traballar en Televisión Española como axudante de realización no programa concurso Cesta y puntos, emitido polo primeiro canal.

O xornalista Manuel Torre Iglesias
O xornalista Manuel Torre Iglesias | Fonte: Concello Pontedeume

Posteriormente traballou na radio (Radio Nacional de España) en programas como En familia ou Tiempo de vivir. En 1974 pasa a dirixir e presentar un programa de divulgación e saúde, Escuela de salud, que se converterá no centro da súa traxectoria televisiva no resto da súa carreira profesional.

Nos anos oitenta realizaría programas de debate e denuncia sobre temas de actualidad social: Voces sin voz (1981-1982) e Usted, por ejemplo (1984), ambos en TVE. A principios de 1990 presentou diversos programas na Televisión de Galicia e na Radio Galega, como Boa saúde ou Meigas fóra, centrados en temas de saúde e de divulgación.

SABER VIVIR

A partir de 1996 regresou a Televisión Española para dirixir e presentar o programa Saber Vivir, outra emisión de saúde. A súa grande audiencia nas mañás (con máis dun 25% de share e máis de medio millón de espectadores. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta